CINEMA JOVE 2015. UNHA LOITA (DENDE O PRESENTE) CONTRA O “CALQUERA TEMPO PASADO FOI MELLOR”
‘Emek’ foi o filme vencedor da sección de longametraxes. Antes que nada, insistir ao lector que non se asuste ante o título (se cadra demasiado pesimista), e que o interprete como algo positivo, no sentido (pode que heroico) de fortaleza e aguante que manifestou o festival a pesares dos moitos reveses que lle deu o paso do tempo, un tempo que en moitas ocasións (se cadra na maioría) viña disfrazado en forma da institución dominante. O pasado 19 de xuño tivo... Ler máis
FORCE MAJEURE, de Ruben Östlund
-It just sounds very strange, when we say it in English, an ‘avalanche’ [“Soa raro cando o dicimos en inglés, unha avalancha”] ¡Papá, papá! Ebba (Lisa Loven Kongsli) e Tomas (Johannes Bah Kuhnke) son un matrimonio sueco de vacacións que quedaron para cear cunha compatriota e co seu novo amigo norteamericano. Co anterior diálogo, Ebba interrompe o relato parcial que seu home está a facer do que lles ocorreu esa mesma mañá. O acontecemento foi brutal: mentres... Ler máis
SEFF 2014: UN PANORAMA DIVERSO
Nunha selección na que non se advirten tendencias claras nin ningunha conexión evidente entre os filmes da sección oficial, alén de ofrecer un panorama do cinema europeo de autor de 2014, preferimos facer un repaso ao palmarés e comentar outros filmes que puidemos ver na nosa estancia en Sevilla. Deberiamos comezar por Turist (Ruben Östlund, 2014), Giraldillo de Oro e mellor guión, pero dáse a casualidade de que é das que nos faltou por ver. Como consolación, si podemos... Ler máis
‘HAI UNHA GRAN DEMANDA PARA ATOPAR O SOCIO AXEITADO PARA O PROXECTO AXEITADO’. ENTREVISTA CON JO MÜHLBERGER, PRODUCERS ON THE MOVE
Press here to read the English Version Como xorden as coproducións? Onde se coñece toda esa xente-que-coñece-xente? Ninguén nace aprendido, polo que a European Film Promotion (EFP) organiza cada ano no Festival de Cannes unha xuntanza de produtores de tódolos países do continente para que compartan tempo, ideas e proxectos. Este programa chámase PRODUCERS ON THE MOVE, e nel está a xénese de filmes como Force Majeure (Ruben Östlund, 2014), a gañadora do premio do xurado... Ler máis
PLAY, de Ruben Östlund
A QUE XOGA PLAY? Play (2011), o último filme do controvertido director sueco Ruben Östlund, recrea o roubo sufrido por tres mozos brancos a mans de cinco rapaces negros. Esta película, que inflama cuestións relativas á constelación do poder e á construción da identidade nacional, intensifica tamén o debate sobre a responsabilidade na representación do racismo. Ata o de agora, tódolos traballos de Östlund foran acollidos tanto con duras críticas como con entusiastas... Ler máis
A AVALANCHA, O HOME E OS SEUS PROBLEMAS: Entrevista a RUBEN ÖSTLUND
“CON TOURIST ENCANTARÍAME ENCABUXAR DE NOVO Á XENTE” Ruben Östlund (Goteburgo, 1974) non se asemella, en absoluto, ao protagonista do seu próximo filme. Tourist, que nestes momentos busca coprodución na Berlinale (logo de facelo en Rótterdam), estrearase con toda probabilidade en 2014, converténdose na cuarta longametraxe do realizador nórdico, trala súa obra de madurez: Play. Lonxe da polémica que o envolve, Östlund é un tipo tranquilo que rompe coa... Ler máis
RÓTERDAM DÍA 3: OS NENOS NON SOMOS PARVOS… OS IAKUZA SI
Trinta minutos, ese é o tempo que me leva percorrer a distancia dende o meu piso ata o Pathé, o multicine onde se proxectan as películas para a prensa e os delegados de industria polas mañás. É unha media hora que atesouro e que me serve de preparación antes dos visionados. Sigo un ritual fixo, coma se fose o supersticioso pateador dun equipo de fútbol americano, e que consiste nun café na estación central e un croissant. Logo un cigarro e estou listo para o que me... Ler máis
RÓTERDAM DÍA 1: DO “NUNCA DIGAS NUNCA” A “SEMPRE HAI UNHA PRIMEIRA VOLTA”
Gustaríame comezar esta crónica falando da miña viaxe, de aeroportos, de malos voos e outros sacrificios persoais polos que o crítico de cinema normalmente ten que pasar para chegar a puntos de encontro onde gozar (ou renegar) de novas e tentadoras propostas audiovisuais, pero non podo. Teño o luxo de vivir aquí. Esta é en efecto esa cidade cosmopolita e moderna da que todo o mundo fala, onde se fusionan unha gran variedade de culturas, de estilos e tendencias. Un modus... Ler máis
CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL
O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis