Evil Does Not Exist, de Ryûsuke Hamaguchi
Evil Does Not Exist, de Ryûsuke Hamaguchi É sequera posible cambiar as cousas? O desexo de desmontar a casa do amo tende a revelar que non posuímos máis que as ferramentas do amo, e que a nosa noción do que é unha casa é indisociable da nosa experiencia até o momento. O propio ‘fóra’ no que imaxinamos a construción dun presente revolucionario está profundamente condicionado polas xanelas desde as que observabamos. Os futuros que soñamos sostéñense sobre os cimentos... Ler máis
18.ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Sección Impropias
Destello Bravío, de Ainhoa Rodríguez *Un ano máis, en colaboración coa MICE – Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, A Cuarta Parede convida á coordinadora da sección Impropias a compartir o proceso de selección das obras que compoñen este programa. Nesta edición, a firma convidada é a cineasta Ainhoa Rodríguez. O labor era vincular a miña ópera prima, Destello Bravío, con outros dous filmes de mulleres cineastas cos que a miña película dialogase, dous... Ler máis
Alcarràs, de Carla Simón
Alcarràs é unha pequena localidade rural preto de Lleida. A subsistencia da agricultura familiar é algo cada vez máis complicado, e a forma tradicional e menos invasiva de cultivar a terra está a desaparecer, principalmente pola inacción dos gobernos e as malas transicións propostas para un progreso que xa é imparable. O problema son os mecanismos e as forzas que actúan con este progreso, xa que nunca se debería falar de imposición, senón dun proceso equilibrado e... Ler máis
O rural galego en tres xestos. A sección ‘Escolas: Xatería’ do festival Intersección
Xatería xorde da colaboración entre o festival Intersección e a galería de arte lucense Solaina, nunha chamada a voces de estudantes con traballos en relación co rural dende distintos ángulos. Se o leitmotiv do festival foi “a cidade” e, por conseguinte, a análise e a posta en dúbida do vínculo que partillamos coa mesma, Escolas: Xatería propón unha dicotomía rural-cidade dende achegas que poden vir de dentro do rural ou de fóra do mesmo. O abano de seleccionadas... Ler máis
Maddi Barber: “Creo que o cine pode xerar alianzas no mundo rural”
A cineasta Maddi Barber (Lakabe, 1988) regresa ao Festival Punto de Vista para presentar o seu último traballo, Gorria, polo que gañou o Premio X Films na última edición do encontro navarro. Tralo éxito das súas anteriores curtametraxes, o tándem formado por 592 metroz goiti e Urpean Lurra, proxectadas en numerosos festivais nacionais e internacionais, Barber converteuse nunha das voces máis singulares do panorama nacional. As súas obras, de corte intimista e antropolóxico,... Ler máis
ADRIÁN CANOURA: “FACER UN FILME É COMO PESCAR CALAMARES: NUNCA SABES QUE VAS PESCAR, SE VAS PESCAR, NIN CANTO TEMPO VAS A BOTAR PESCANDO”
Adrián Canoura (1991, Burela) é unha das voces emerxentes do cinema experimental galego actual. Por iso, non sorprende que os seus filmes formen parte da escolma de traballos que o (S8) Mostra de Cinema Periférico programou coa ocasión das ‘Sinais en curto’. Aproveitando o seu paso polo certame coruñés, conversamos sobre o seu cinema, unha obra moi unida a Galicia traballada desde unha certeira intuición. O teu cinema traballa moito sobre a cultura galega, pero tamén... Ler máis
CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (2/2)
O artigo vén de aquí. Gran nivel da animación Nun festival onde a animación tivo un alto nivel, había un par que facían de ponte entre o cine do real e o debuxado. Marfa (Myles McLeod, Greg McLeod, 2018) era o mellor exemplo disto. Concibido coma un grupo de estampas desta localidade texana, os autores logran con apenas uns simples trazos sobre fondo en branco compor un retrato lixeiro e fragmentado, mais moi complexo, dos tipos que habitan esta vila gandeira. O formato... Ler máis
Trinta Lumes, de Diana Toucedo
Non poucas películas, en ocasións as mellores, parecen edificadas de forma máis consciente ou inconsciente a partir dunha soa imaxe, dando a entender que o misterio dun momento singular pode albergar no seu fondo toda unha estrutura fílmica desenvolta durante longos anos. Trinta lumes, ópera prima da experimentada montadora e curtametraxista Diana Toucedo, arrinca amosando unha batida nocturna no medio do bosque. Nese momento non sabemos nada da devandita procura alén dun... Ler máis
Trote, de Xacio Baño
Hai case un ano, Ángel Suanzes publicaba en A Cuarta Parede un texto no que daba conta da produción que se achegaba para o 2018 e a súa relación coa lingua. O texto tamén servía para sinalar a grande produción que se achegaba neste ano que agora remata, ano no que o cinema galego (e en galego) seguiu a loitar por un espazo nas salas de cinema. Este é o caso de Trote (Xacio Baño, 2018), un filme do que se vén falando moito desde a súa rodaxe e que xa espertou hype en... Ler máis
CON EL VIENTO, de Meritxell Colell
No ano 2017 a nosa cinematografía pivotou sobre o cinema catalán grazas aos debuts de dúas mulleres: Carla Simón co súa multipremiada Estiu 1993 e Elena Martín con Julia ist. Este ano algunhas das propostas máis estimulantes tamén son óperas primas realizadas por mulleres, por exemplo Viaje al cuarto de una madre da sevillana Celia Rico que tivo a súa estrea hai unhas semanas ou agora Con el viento da tamén debutante Meritxell Colell. Lonxe de ser un cúmulo de casualidades,... Ler máis