Curtas Vila do Conde 2023: Outros camiños
Terra Mater, de Kantarama Gahigiri (2023) Formas dun cine militante Atopamos, na competición internacional do Curtas Vila do Conde 2023, varias películas que se sitúan nas marxes da ficción para abordar de forma directa unha serie de temas de carácter político. A súa afinidade non xorde tanto desas formas híbridas ou imprecisas, senón dun espírito militante que explora activamente maneiras de concretarse na materia cinematográfica. Entre elas está Fala da terra (Benjamin... Ler máis
Helena Girón: “Non queríamos facer un filme historicista, senón máis ben evocar a idea dun pasado”
Nas curtametraxes de Helena Girón e Samuel M. Delgado é fácil advertir, tanto na súa temática como na súa forma, os grandes piares sobre os que constrúen a súa primeira longametraxe, Eles transportan a morte (2021), que acaba de estrearse en salas. Un destes alicerces é a pulsión por internarse nos aspectos non oficiais da historia e descubrir relatos que foran esquecidos. Outra das principais liñas temáticas desta parella de cineastas, que ten moi claro o que quere... Ler máis
Novos Cinemas 2021: Sección Oficial
Eles transportan a morte, de Helena Girón & Samuel M. Delgado Sempre resulta estimulante achegarse a Novos Cinemas, unha cita ineludible que adoita pechar o noso calendario de festivais. Na súa sexta edición, o encontro pontevedrés non fixo máis que afianzar o espírito que o caracteriza: ofrecer un espazo humilde, coidado e comprometido coas novas voces. Unha oportunidade ideal para “tomar o pulso” ás correntes cinematográficas actuais e descubrir pequenas xoias... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2015: APOCALIPSE E XUVENTUDE
Tres anos despois da suposta fin do mundo, a apocalipse segue a estar de moda. Novos escenarios, a cotío posteriores a este colapso do mundo, son escollidos na actualidade para situar moitos filmes. Quizais por unha vontade de advertencia do posible ocaso da sociedade, quizais polo atractivo que suscitan. Fin do mundo que non sempre se corresponde coa destrución do planeta, senón, ás veces, co fin dunha era co comezo de outra. Algo así como acontece no paso da xuventude... Ler máis
FILMADRID 2015: UN CINEMA ESPAÑOL (E ALGO MÁIS)
Filmadrid tivo o acerto de contar con importantes presentacións de cineastas reivindicables, como Adolpho Arrietta, co micro na foto. Madrid non ten un festival de cinema xeralista que poida considerarse unha referencia. Co parque de salas da capital, e todas as actividades que se organizan en torno á sétima arte ao longo do ano, realmente custa crelo. Filmadrid chegou para solucionalo, e apunta maneiras para poder asentarse en pouco tempo. Cun programa diverso dunhas 80 películas,... Ler máis