Curtocircuíto 2023: Sección Cosmos

Nazarbazi, de Maryam Takafori A vixésima edición de Curtocircuíto (3 – 8 de outubro) trouxo consigo algúns cambios na división do programa das seccións oficiais, nun intento de achegarnos as pezas proxectadas eliminando as fronteiras entre elas, coa decisión de unificar as antigas Explora, Radar e Penínsulas nunha nova sección oficial denominada Cosmos. Esta decisión non só se ve reflectida na pluralidade estilística e temática das obras, senón que facilitou a... Ler máis

14ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO: TESTEMUÑAS DO SEU

Fotografía: Denís Estévez Esta edición da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), organizada polo Museo do Pobo Galego, ten unha vez máis unha grella digna de aplauso na Sección Oficial ao traernos máis películas – este ano son 16 as seleccionadas – e, como non, máis ganas de espertar conciencia. Se algo é necesario nestes tempos de adormecemento é axitar mentes; desde logo, o cine ten unha forte vocación para iso e dáme a impresión de que... Ler máis

CINEUROPA 2016: CONTRA OS ESPECTADORES CARTESIANOS

Un ano máis, e van 3 décadas, Cineuropa encheu a Rúa Nova de Santiago de Compostela de colas infinitas agardando o pase da nova de Xavier Dolan e conversas sobre os referentes bíblicos de O Ornitologo (João Pedro Rodrigues, 2016). Máis de 300 títulos nun certame imposible de abarcar na súa totalidade ao que, este ano, uniuse a sala de cinema NUMAX, que xa é a referencia do cinema en Santiago. Entre os títulos, coñecidos referentes (Eugene Green, Whit Stilman, François... Ler máis

CINECLUBE DE COMPOSTELA: POLÍTICA DA RESISTENCIA

Esta organización, activa desde o 2001, non é tan só unha sala de cine cunha programación semanal, senón que atopamos que a súa actividade esténdese alén da súa sede no Pichel compostelán. Por iso, transformamos a Política dos Autores dos Cahiers na Política da Resistencia, onde non é a individualización do creador o que conta senón a defensa do colectivo, para definir as características que fan ao Cineclube de Compostela un dos referentes da acción política... Ler máis

Procesos #22 – NUMAX, afastando a derrota

 Dende este 18 de marzo, o centro de Santiago volve ter unha sala de cinema. Concretamente, unha sala de cinema independente, en versión orixinal e xestionada por unha cooperativa cultural sen ánimo de lucro, que tamén funciona como librería e laboratorio de deseño e creación audiovisual. No número 9 da rúa Concepción Arenal, cunha proxección de Nubes pasaxeiras subtitulada en galego, nace NUMAX, un proxecto que o propio Aki Kaurismäki definiu así: “O mal non... Ler máis

“É ALUCINANTE COMO PODEN ANESTESIARSE AS LEMBRANZAS”

 Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas forman parte, dende hai anos, do Cineclube de Compostela, unha iniciativa cultural de referencia en Santiago, que ofrece periodicamente unha boa ración de filmes nunha modesta sala. En 2012, ambos os dous estrearon Fóra, un filme documental que reflicte a historia do Hospital Psiquiátrico de Conxo, a partir de tres momentos emblemáticos: a súa fundación, en 1885, o conflito sindical desenvolvido nos anos da II República e, especialmente,... Ler máis