SAN SEBASTIÁN 2017 (III): PERLAS, HORIZONTES LATINOS, NOVOS DIRECTORES E OUTROS

Perlas Atendendo á tradición recente, Perlas dispónse como a sección máis complacente de San Sebastián. Cos seus títulos, escollidos entre os máis aclamados previamente en Cannes, Berlín ou Venecia e habitualmente asinados por grandes nomes, o festival trata de aportar cada ano un plus de prestixio á selección. Porén, en contrapartida ao xa mencionado auxe de Zabaltegi-Tabakalera, a dinámica deste ano deviu máis inesperada que outras citas. Quizais como consecuencia... Ler máis

GLORIA, de Sebastián Lelio

“Gloria, Gloria, campo de sonrisas, Gloria, agua en el desierto, Gloria, corazón abierto…” Con esta canción do italiano Umberto Tozzi remata a historia ‘de amor’ do cineasta Sebastián Lelio sobre Gloria, unha muller chilena de 58 anos, separada dende hai máis dunha década, con dous fillos adultos e un traballo mortalmente aborrecido nunha oficina. Así, nunha primeira ollada, todo semella normal: unha muller madura, cabal e corrente. Mais, que é o que... Ler máis