Novos Cinemas 2023: Sección Oficial

The Bride, de Myriam U. Birara O peche do ciclo de festivais galegos sempre vai da man de Pontevedra e Novos Cinemas. Nesta edición 08, que se desenvolveu entre o 12 e o 17 de decembro, achegámonos ao Teatro Principal da cidade para seguir unha programación desafiante cos marcos da linguaxe e o encadre, premisa coa que tamén xogou a Sección Oficial. Se hai un fío condutor que atravesa os filmes desta edición, este é o valor social e a transcendencia do cotián nas relacións... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 6 — Unha sesión de contrastes

Arquitectura emocional 1959, de León Siminiani Talvez a mellor forma de abordar esta última sesión sexa pensando as súas películas desde o contraste. O amplo abanico de actitudes —cinematográficas, vitais— que reúne o programa faise patente no abismo que separa a primeira e a última proposta: empezamos o noso percorrido cos planos xerais de Arquitectura emocional 1959 (León Siminiani), onde os personaxes son apenas dúas figuras afastadas e esquemáticas, e acabámolo... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 5 — Da paternidade e a espera

Alicia fai cousas, de Ángel Santos Nesta sesión, coma se dun exercicio de montaxe se tratase, pasamos dunha película a outra mediante xustaposicións que se enchen de significado. Hai un corte brutal entre a primeira e a segunda peza —esa transformación radical dun tempo morto—, outro máis sutil entre a segunda e a terceira —da ausencia de ambos os proxenitores á ausencia da nai—, e un terceiro corte que se funda nunha continuidade da relación pai-fillo. Alicia... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 4 — Proximidades e distancias

Invincible, de Vincent René-Lortie Talvez unha das cuestións máis interesantes que se nos expoñen nesta sesión, marcada pola forza das historias persoais, é o grao de proximidade que cada unha das películas establece cos seus personaxes. Hai en todas elas unha gran presenza que enche a pantalla e que constitúe o centro de gravidade da obra: Marc, Cecilia, Booker, Eden; e, con todo, a cámara conxuga as distancias de forma moi diferente en cada un dos casos. Os rostros... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 3 — Formas da dor

Ulises, de Félix Brixel A pegada profunda da dor percorre esta sesión. Cada cineasta achégase a esa dor metamorfoseante desde os xiros dunha linguaxe propia, pero co denominador común da empatía. Pasamos das doenzas físicas, que imprimen o seu rastro nos corpos que sofren, ás doenzas silenciosas que roen a alma; en máis dunha ocasión, estes corpos ao bordo da quebra sinalan á vez o fracaso dun sistema deshumanizador. Ulises (Félix Brixel) trasládanos a unha paraxe... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 2 — Límites, limiares e fronteiras

Aqueronte, de Manuel Muñoz Rivas Empezamos a viaxe cunha néboa densa que esvaece os contornos das cousas. Vemos apenas unhas árbores altas, mexidas polo vento, mentres un ruído de auga e de cadeas vai debuxando a escena máis aló da imaxe: desprazámonos sobre un barco que se adentra no río. O título da película, Aqueronte (Manuel Muñoz Rivas), alude ao río que as almas dos mortos cruzaban na barca de Caronte. As resonancias do mito operan sobre a base da cotiandade... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 1 — Cinco olladas cara a madurez

Dang wo wang xiang ni de shi hou, de Huang Shuli A pasaxe da infancia cara a unha primeira madurez é un tránsito misterioso, gradual e inexacto que o cine tratou de relatar desde os seus comezos. Nas cinco películas que compoñen esta sesión, uns poucos minutos bastan para dar conta dun tempo que se acaba e doutro que empuxa por nacer mentres acompañamos aos personaxes —algúns moi novos, outros xa nunha adultez temperá— nas súas respectivas procuras por comprender... Ler máis

Punto de Vista 2023: Notas para un mundo novo

El polvo ya no nubla nuestros ojos, de Colectivo Silencio “Se acercan otros tiempos”. Con este título presentábase a publicación escrita sobre o cine do alemán Peter Nestler, un dos principais homenaxeados nesta edición de Punto de Vista, como acompañamento da súa retrospectiva no marco do festival pamplonés. A cita non só foi apropiadamente elixida por Fernando Vílchez, membro do Colectivo Silencio, que se alzou co principal galardón do palmarés por El polvo ya... Ler máis

SEFF 2022 (II): As pantasmas do pasado

Le mur des morts (Eugène Green, 2022) A segunda xornada no Festival de Sevilla levábanos con grande expectación ao reencontro con Eugène Green. Un acude a cada traballo do director de Toutes les nuits (2001) como quen vai visitar un vello amigo, sabedor de que atopará un motivo de alegría, pero tamén algo temoroso por todo aquilo que o paso do tempo puido mudar, por mínimo que sexa. E o certo é que Le mur des morts, así se chama a mediometraxe estreada na sección Revoluciones... Ler máis

Punto de Vista 2022: Sección Oficial

Evangelio Mayor, de Javier Codesal Asimilar a importancia do herdado e cimentar o seu traballo no camiño xa percorrido. Con esas intencións encaraba o seu labor o equipo comandado por Manuel Asín, novo director artístico da que por méritos propios cabe situar entre as citas máis senlleiras do panorama do cine documental europeo. Este décimo sexto Punto de Vista convocábanos en Pamplona cun aire de balsámica renovación, e non tanto polo mencionado cambio de ciclo ao mando... Ler máis