SEFF 2019 (II): HETERODOXIA DOCUMENTAL

Danses macabres, squelettes et autres fantaisies (Rita Azevedo Gomes, Jean-Louis Schefer) “É raro que nun museo haxa cousas pensadas para o ollo e non para ser didácticas”, afirma o pensador Jean-Louis Schefer nunha secuencia de Danses macabres, squelettes et autres fantaisies, mentres pousa a súa cultivada mirada nun cadro exposto ao público. A frase podería sintetizar o espírito deste peculiar e libre documental. Nel tómase como partida a exploración do motivo artístico... Ler máis

SEFF 2019 (I): AUTOFICCIÓNS E PANTASMAS

The Souvenir (Joanna Hogg) A retrospectiva dedicada polo Festival de Sevilla á británica Joanna Hogg deu o seu pistoletazo de saída coa estrea en España da súa cuarta longametraxe, o mesmo que este ano lle está a brindar unha repercusión internacional superior á obtida ata agora coa súa obra previa. Tal decisión de programación, comezar polo fin, resultaba lóxica por moitas razóns obvias, pero o certo é que ademais este filme entraña unha visión directa sobre si... Ler máis

ARIMA, de Jaione Camborda

As inquietantes imaxes coas que arrinca Arima, a forma de brevísimo prólogo, prefiguran de forma inusual as coordenadas nas que a continuación vai a desenvolverse o universo no debut na longametraxe de Jaione Camborda. Nelas amósase cun detalle case enfermizo a morfoloxía dun ollo humano. A cámara vai penetrando nel ata surcar as veas, o iris e a pupila, cuxa exploración devolve unha visión abstracta do que en principio parecía unha imaxe nítida e inconfundible. A directora... Ler máis