SEFF 2022 (IV): Cara a outra historia do cinema europeo
Tri (Aleksandar Petrović, 1965) O Festival de Sevilla presentou por segundo ano consecutivo a sección ‘Hacia otra historia del cine europeo’, cunha presenza de oito películas. Ademais, redobrou a súa aposta polo cinema de patrimonio coa organización dun encontro entre programadores de filmotecas e festivais, para analizar as relacións entre ambas institucións en torno á inclusión de títulos restaurados nos seus programas. A idea é resaltar fitas que non... Ler máis
SEFF 2022 (II): As pantasmas do pasado
Le mur des morts (Eugène Green, 2022) A segunda xornada no Festival de Sevilla levábanos con grande expectación ao reencontro con Eugène Green. Un acude a cada traballo do director de Toutes les nuits (2001) como quen vai visitar un vello amigo, sabedor de que atopará un motivo de alegría, pero tamén algo temoroso por todo aquilo que o paso do tempo puido mudar, por mínimo que sexa. E o certo é que Le mur des morts, así se chama a mediometraxe estreada na sección Revoluciones... Ler máis
SEFF 2022 (I): As películas de outras
Los hijos de otros (Rebecca Zlotowski, 2022) O Festival de Sevilla arrincou a súa decimo novena edición proxectando Los hijos de otros (Les enfants des autres), a quinta longametraxe da parisiense Rebecca Zlotowski. Máis aló da súa precisa elección como película inaugural, o novo traballo da directora de Une fille facile (2019) evidencia as limitacións de certo cine académico para dar auténtico relevo aos seus personaxes, alí onde todo aparece medido para representar... Ler máis
Festival de Sevilla 2021: Petiscos cinéfilos
Logo dun ano pandémico no que o Festival de Sevilla se fixo só para o público local (alén de actividades online para industria), puidemos volver ás salas nunha edición que estivo moi cargada emocionalmente, pois por fin nos viamos e tocabamos tras ano e medio comunicándonos a través de pantallas. As do cinema déronnos mostra de que a sétima arte goza de boa saúde. É esta unha crónica parcial, de visita breve, na que con todo atopamos unha concentración de xoias... Ler máis
SEFF 2018: LAS NUEVAS OLAS
Festival de Sevilla significa Las Nuevas Olas. Esta sección é o tradicional lugar de refuxio para aquelas películas arriscadas e innovadoras, as que se atreven a cruzar os límites do cinema para trazar camiños aínda non descubertos ou dinamitar polos aires o que xa existe. Ser público desta sección supón abrir os ollos e deixarnos levar polos filmes, xulgándoos só cando varios días permitan que o noso xuízo repouse e analice o visto. Os primeiros impulsos poden levar... Ler máis
F.J. OSSANG: ZONAS DE CHOQUE
Entrevistado no Festival de Cine Europeo de Sevilla, onde presentaba o seu novo filme, 9 doigts (2017), F.J. Ossang evoca neste encontro a súa relación coa escritura, o cine mudo e mesmo cos xéneros cinematográficos. Gustaríame comezar por describir o estilo da súa obra. Dise a miúdo que fai filmes crepusculares, case apocalípticos. Si, na medida en que sempre hai este dobre aspecto no Apocalipse. Tamén é o momento en que un misterio se revela. Digamos que se produce... Ler máis
WESTERN, de Valeska Grisebach
Un grupo de traballadores alemáns chega a un lugar inhóspito da fronteira entre Bulgaria e Grecia para levar a cabo as obras dunha planta hidráulica. Nunha área montañosa e practicamente despoboada, comezan a desenvolver unhas dinámicas de traballo que dalgunha maneira afectarán os poucos paisanos da zona, quen os miran con receo. Só un deles, amigo dos cabalos salvaxes da contorna, chamado “o novo” polos operarios teutóns e que recibe o alcume do “lexionario”... Ler máis
SEFF 2017: SECCIÓN OFICIAL (3)
Rematamos a nosa cobertura da Sección Oficial do SEFF 2017 analizando outra das liñas temáticas presentes na súa selección. Neste caso, o conxunto de filmes que imos a tratar xiran arredor do concepto de procura, ben sexa física ou metafórica. Os protagonistas destas obras adoitan ser personaxes ‘incompletas’, que navegan á deriva en busca de algo –ou alguén- capaz de encher un baleiro que os atormenta. Esta busca pode traducirse nunha viaxe exterior ou adoptar... Ler máis
SEFF 2017: LAS NUEVAS OLAS (1)
O cine francés máis refrescante do ano adoita atopar o seu espazo nas Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla. Este ano tiña bos representantes: 9 doigts (9 dedos, F.J. Ossang, 2017), Les garçons sauvages (The Wild Boys, Bertrand Mandico, 2017) e Ava (Léa Mysius, 2017). Comenzaremos polas dúas primeiras porque se compararon moito no festival. Ambas as dúas están filmadas en branco e preto cun estilo máis ou menos similar, as dúas contan parte da súa historia... Ler máis
SEFF 2017: SECCIÓN OFICIAL (1)
Un ano máis, o Festival de Cine Europeo de Sevilla propuxo na súa sección oficial unha selección das películas europeas que marcan a tempada. A Fábrica de Nada (Pedro Pinho, 2017), aquí Giraldillo de Oro, sorprendeu na pasada edición de Cannes, sendo a película máis unanimemente eloxiada pola crítica na Quincena dos Realizadores. Dirixida de xeito cooperativo por Terratreme, produtora que adoita traballar con esta estrutura, o filme traslada a metodoloxía á súa diéxese.... Ler máis