A VIAXE DE LESLIE, de Marcos Nine
Todo herculino coñece esta historia: o actor británico Leslie Howard viaxaba en avión de Lisboa a Bristol, aló por 1943, cando foi abatido por cazas alemáns. Os restos do accidente descansan nalgún lugar da costa coruñesa de Cedeira, onde unha placa conmemora o suceso (ou o que nos contaron del). Por moito que un faga unha importante investigación xornalística ou histórica sobre as causas deste ataque, non poderá atopar a verdadeira razón pola que os nazis derrubaron... Ler máis
東京家族 (TOKYO FAMILY), de Yoji Yamada
De obra mestra a obra de mestre Pouco hai que contar do argumento de 東京家族 (Tokyo Family, Yoji Yamada, 2013) para aqueles que xa teñan visto 東京物語 (Tokyo Story, Yasujiro Ozu, 1953), alén de salientar o enxeño que desprega Yoji Yamada para adaptar a obra mestra do cinema xaponés aos tempos actuais. Todo, ou case todo en Tokyo Family reproduce o conto de Ozu para lembrarnos que logo de sesenta anos, e malia tódalas revolucións tecnolóxicas que houbo nas últimas... Ler máis
FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN (e IV)
Cuarta parte Ruptura ou continuidade Josetxo Cerdán: Cando a min me ofreceron a dirección artística de Punto de Vista a oferta foi moi clara: entre tres e cinco anos de prazo. 2013 será o meu cuarto ano á fronte do evento (tres festivais máis un seminario, realizado neste pasado 2012) e o último. O acordo vaise a cumprir daquela segundo o pactado. Sinceramente, para min o feito de que a oferta incluíse un deadline era o mellor que podía pasar: sabía que tiña un tempo... Ler máis
FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN (III)
Terceira parte As finanzas dun festival Javier Angulo: Paréceme que puxestes o dedo na chaga. Non podemos comportarnos como eventos estritamente comerciais, que só buscan audiencias e facer negocio. Sempre pensei e crin que os festivais de cinema, pola súa propia natureza, non teñen o que se chama ‘afán de lucro’ e tenden a ser deficitarios, máxime agora que as institucións públicas están en retroceso no que toca a investimentos en festivais e cultura, en xeral.... Ler máis
FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN (II)
Segunda Parte Convidados, Actividades Paralelas e Publicacións Javier Angulo: Nós, na SEMINCI, distinguimos entre ‘participantes’ que veñen facer algo (presentar un filme, participar nas mesas redondas, presentar libros, etcétera), ‘convidados da industria’ (actores, directores sen filme, moitos distribuidores, institucións tipo Filmoteca, ICAA, FAPAE, EGEDA…), ‘convidados da prensa’ (prensa local, nacional e internacional) e finalmente ‘acreditados’,... Ler máis
FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN
Os festivais de cinema do estado español enfróntanse neste momento a unha situación de incerteza económica que está a impactar tanto na súa selección como nas actividades paralelas. A isto súmaselle unha nova dificultade (ou virtude, segundo se mire) á hora de programar: a deslocalización de contidos na Internet, que posibilita un coñecemento amplo e instantáneo das películas por parte da cinefilia que congrega estes eventos. Agora que debemos, ante os recortes, reivindicar... Ler máis