Indielisboa 2020 (1/2): Reivindicación da negritude
Co movemento Black Lives Matter cada vez máis presente no contexto político actual, o Indielisboa propúxose este ano recordarnos que esa toma de conciencia non debe quedar só na creación de estratexias de inclusión que permitan ás comunidades negras obter unha maior cota de representación, auspiciada por eles propios e, sobre todo, que sexa a correcta e fóra de estereotipos racistas. Isto é, darlles verdadeira voz. Tampouco chega con darlle voltas ao discurso identitario,... Ler máis
AMAR, BEBER E CANTAR: O CINEMA EPICÚREO DE OTAR IOSSELIANI
Un dos motivos polos que coñecemos a obra de Otar Iosseliani ao sur dos Pirineos é grazas á súa conexión basca: o Donostia Zinemaldia adicoulle unha primeira retrospectiva aló polo 2001, e agora, hai pouco máis dun mes, o último Punto de Vista programou media ducia dos seus filmes, entre os que se atopaba a mediometraxe televisiva Euskadi été 1982, da que xa falamos nunha das nosas crónicas dese festival. A inclusión desta peza no ciclo Chez les Basques serviu para... Ler máis