LA FLOR, de Mariano Llinás
La flor é unha película que dura 868 minutos. 600 minutos son dez horas, así que quedan 268 minutos, que son 4 horas e 38 minutos, e entón en total son 14 horas e 38 minutos. Fago a conta porque estou acostumado a calcular canto son 120 ou mesmo 150 minutos pero de aí para arriba xa me perdo. E fágoa porque é inevitable dicir canto dura antes de falar de calquera outra cousa sobre a película de Mariano Llinás, non só porque sexa un titular sinxelo (“O festival X proxecta... Ler máis
ARRIVAL, de Denis Villeneuve
Despois de ducias de blockbusters protagonizados por policías, avogados ou médicos, profesións en teoría moito máis cinemáticas, chega a rara ocasión en que o colectivo que capitanea un dos filmes da tempada hollywoodiense é o de tradutores e filológos. Máis aló do moito que se viralizou no Galitwitter a secuencia da orixe do portugués, a priori calquera espectador con mínimas nocións de lingüística gozará cunha película cuxa premisa mestura a hipótese de Sapir-Whorf... Ler máis
L’INCONNU DU LAC, de Alain Guiraudie
SEN MEDO Á ESCURIDADE Reflexións sobre unha das miñas películas favoritas de 2013 Alain non ten medo a rodar de noite. Alain non ten medo a rodar escenas de sexo explícito entre persoas do mesmo xénero. Alain non ten medo a mostrarse como Deus o trouxo ao mundo na súa película. Alain non ten medo a prescindir da música nun thriller. Alain non ten medo a nada. L’inconnu du lac / O descoñecido do lago tivo a súa premiere mundial na pasada edición do Festival de... Ler máis