CANNES DÍA 5: AS FRONTEIRAS DO XÉNERO

Tiña que chegar, moita sorte tiveramos ata agora. O sistema de castas cannois deixounos sen ver os últimos traballos de Andrea Arnold e Jim Jarmusch, así que, queridas lectoras, hoxe a crónica vai ser curta, e non haberá comentarios da oficial. Agardamos poder recuperar estes filmes noutros pases, antes do termo do festival. Fóra de competición, o punto cómico púxoo The Nice Guys (Shane Black, 2016), un filme na liña das deconstrucións autoconscientes e paródicas... Ler máis

HOLLYWOOD TRAUMATIZADO: OS HEROES Á CAZA DO TERRORISTA

“Hai neste frenesí unha dimensión barroca que recorda que todos os filmes do autor son melodramas atormentados polo baleiro e a cuestión da perda ou a desaparición”. Alguén adiviña a que autor se está a referir Vincent Malausa? Pista. Isto saíu nos Cahiers du Cinéma do pasado xuño, e refírese á grande superprodución do verán… Aínda non? Ben, imos avanzar na crítica: “xa non se trata de buscar a emoción ou o clímax a toda costa, senón de cuestionar... Ler máis