O TERROR BUSCA PSICANALISTA
Animada polo fetichismo da data (2012) e unha proliferación cuantiosa de películas con motivos apocalípticos na produción cinematográfica mundial do último lustro (con igual recorrencia no cinema de xénero e no de autor), o Festival Internacional de Cinema Fantástico de Catalunya que se celebra en Sitges decidiu consagrar a súa 45ª edición ao fin dos tempos. Con todo, parece que este ano a cuantiosísima colleita de cinema de terror, fantástico e arredores do certame... Ler máis
XÉNERO FALOCÉNTRICO
Se Sitges fixese uns cálculos estatísticos do seu público, que número de mulleres recollería a mostra por sesión? E se nos poñemos a contar o número de realizadoras que están detrás dunha cámara, sobre o total de filmes presentados nas últimas edicións, cal será o resultado? Non fai falta ter moita paciencia para estimar: baixa presenza. Por que lle preocupa a un xornalista cinéfilo esta cuestión? Non é polo que lle influíse a socioloxía na carreira, que pode... Ler máis
O TRIUNFO DA AUDIENCIA
O espectador, máis que nunca, foi o protagonista desta edición do Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya. Ten sentido sabéndonos próximos á fin do mundo, coma se Sitges fose o último bastión de esperanza ou o lugar onde queremos vivir o final, rodeados de cinema e de amigos creados a través do cinema. Vestímonos todos a pel do Curtis de Take Shelter (Jeff Nichols, 2011) para empaparnos dun zeitgeist desesperanzado e medorento, transferindo filias do... Ler máis
LOOPER, de Rian Johnson
VIAXES DE CULTO Na desintegración corporal que pareceu ocupar boa parte da selección de Sitges deste ano, cobrou especial importancia un filme tan irregular como atractivo: Looper, destinado a se converter nunha cinta de culto pola brillante e orixinal exposición dunha trama de viaxes no tempo ao uso, pero executada cun ritmo trepidante, e unha estética e narración adheridas a un estilo moi Novo Hollywood. Se puidésemos atopar un lugar en común entre a intensidade dramática... Ler máis
CORPOS EN DESINTEGRACIÓN
É curioso que a 45ª edición do festival de Sitges estivese dedicada á fin do mundo, grande tema do ano pasado, con filmes como 4:44 Last Day on Earth (Abel Ferrara, 2011) ou Melancholia (Lars von Trier, 2011); cando en realidade desta volta os temas que se advirten son outros e moi variados. O central (que ocupará esta primeira crónica dunha serie) é unha volta á fisicidade, entendida como ferramenta para falar da podremia que, como aos corpos dos protagonistas de Cronenberg... Ler máis
VERMELLO SOBRE AZUL: O YIN YANG COREANO NO THRILLER
Hoxe que dá comezo a 45ª edición do festival de Sitges, é bo revisar unha filmografía que na última década vén dando cada ano agradables sorpresas no certame. O thriller surcoreano abre fronteiras en citas cinéfilas e entre o público pola súa capacidade para combinar un ritmo trepidante e unha factura técnica impecable con ferramentas visuais e narrativas que procuran o comentario político e social. Xunto a unha recua de títulos de carácter moi comercial, como... Ler máis