Soul, unha BSO con moita alma
Como explica Rolando Ceballos no seu proxecto Animapasión, “desde antes do cinema xa existían métodos para tratar de imitar o movemento nas imaxes estáticas. Desde os inicios da sociedade as persoas buscaron formas de presentar historias de xeitos visuais e diversos nun mesmo obxecto, desde pinturas en vasos gregos até a chegada dos tan famosos taumatropos, fenaquistoscopios e posteriormente os zoótropos”. A comezos do século XX, principalmente en Estados Unidos e... Ler máis
Os universos sonoros de Star Wars
Hoxe en día non podemos concibir unha película sen BSO. O deseño sonoro é indispensable para crear atmosferas ou secuencias narrativas; o seu uso intensifica diferentes momentos da historia, xerando emocións que axudan a erixir unha sensación de realidade no espectador. A música esperta recordos ou serve de apoio para diferenciar momentos de terror, suspense ou romance, e mesmo para interpretar e comprender como sente un personaxe. Os cineastas outorgan cada vez máis... Ler máis
Tres, de Juanjo Giménez
Juanjo Giménez é un director novel que se sae da regra, non xa polos anos que ten (a idade, para min, poucas veces define algo), senón polo seu traballo na industria, o seu labor como profesor e a experiencia na curtametraxe que atesoura. Xénero que soubo espremer ao máximo, e que o levou en 2016 a ser o primeiro español en gañar a Palma de Ouro do festival de Cannes á mellor curtametraxe por Timecode, unha pequena e sutil historia sobre uns vixiantes de seguridade dun... Ler máis
Camborda x Enciso (II)
(vén de aquí) Eloy Enciso: Estamos a falar dos personaxes e teño curiosidade por saber como foi o teu traballo cos actores. Jaione Camborda: Arima tamén propón un espazo de incerteza. Quixen traballar coas actrices introducindo tamén o concepto de incerteza. Gustábame traballar desde a incerteza. Coñecían o proxecto, pero non todo o que eu esperaba dese proxecto. Dalgunha maneira, ocultaba certas cousas, facíalles traballar desde algo inasible, pero modelábamos moito... Ler máis
ADRIÁN CANOURA: “FACER UN FILME É COMO PESCAR CALAMARES: NUNCA SABES QUE VAS PESCAR, SE VAS PESCAR, NIN CANTO TEMPO VAS A BOTAR PESCANDO”
Adrián Canoura (1991, Burela) é unha das voces emerxentes do cinema experimental galego actual. Por iso, non sorprende que os seus filmes formen parte da escolma de traballos que o (S8) Mostra de Cinema Periférico programou coa ocasión das ‘Sinais en curto’. Aproveitando o seu paso polo certame coruñés, conversamos sobre o seu cinema, unha obra moi unida a Galicia traballada desde unha certeira intuición. O teu cinema traballa moito sobre a cultura galega, pero tamén... Ler máis
VÍCTOR MORENO: “GUSTÁBAME A IDEA DE ABRIR CON FORZA O CORPO DA CIDADE E ATOPAR NO SEU INTERIOR A ALMA”
Víctor Moreno (Tenerife, 1981) é máis coñecido por ser o responsable de Edificio España (2012) documental que o banco Santander intentou censurar. O seu cinema explora espacios urbanos coa capacidade analítica dun bo observador. A súa ollada desestrutura os espazos e ás persoas, conseguindo filmar imaxes que permanecen ocultas para o ollo no día a día. Víctor presentou, dentro da Sección Oficial do Festival de Sevilla, o seu novo filme La ciudad oculta (2018), unha... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2017: VER ONDE NINGUÉN VE
A programación da 14 edición de Curtocircuíto prestaba especial atención a todo aquilo que xiraba arredor do son. Precisamente, con este mesmo nome, o festival agrupaba diferentes sesións e actividades que tiñan o son como eixo central. “O cine non é visible e audible, senón que algo sucede no medio de ámbolos dous sentidos. Se as imaxes se proxectan sobre a pantalla, o son é o modo que ten o cinema de proxectarse sobre nós”, di Xoán-Xil López no texto do catálogo... Ler máis
JØRGEN LETH, ANTROPOLOXÍA E CINEMA
Jørgen Leth (1937, Aarhus) é un dos realizadores de cinema máis relevantes do cinema europeo e, quizais, tamén un dos máis esquecidos. A súa obra, fortemente experimental, abrangue máis de cincuenta anos adicados á sétima arte onde destacan filmes como The Perfect Human (1967), A Sunday In Hell (1977) ou 66 Scenes From America (1982). A súa cinematografía, venerada por directores como Lars Von Trier, semella ser un intento por mesturar antropoloxía e cinema na procura... Ler máis