KIM JEE-WOON: A VERSATILIDADE DO PATETISMO
– “Tiveches un pesadelo?“ – “Non“ – “Tiveches un soño triste?“ – “Non“, dixo o discípulo – “Tiven un soño agradable“ – “Entón, por que choras?” O discípulo respondeu con calma mentres secaba as súas bágoas: -“Porque o soño que tiven non pode facerse realidade?” A Bittersweet Life Director e guionista ecléctico, dispar e audaz, Kim Jee-woon podería ser catalogado... Ler máis
SNOWPIERCER, de Bong Joon-ho
A LOCOMOTORA COREANA O planeta está morto por conxelación. A terra cuberta de neve perpetua e os mares xeados deixaron de ser aptos para a vida; as plantas morreron, os animais desapareceron e a humanidade extinguiuse. Agás por un puñado de sobreviventes que, enclaustrados nun tren de enerxía renovable en constante movemento, sobreviven varios anos coma os últimos especímenes da raza humana baixo un único mandato: a locomotora sempre debe avanzar. A partir deste vibrante... Ler máis
BELEZA, VINGANZA E REDENCIÓN. O CINEMA DE PARK CHAN-WOOK
Con apenas unha manchea de filmes, Park Chan-wook (Seúl, 1963) espertou o interese de occidente hai máis dunha década cando gañou con Oldboy (올드보이, Park Chan-wook, 2003) o Gran Premio do Xurado do Festival de Cannes 2004, revelando así algo que xa era sabido no circuíto cinéfilo dende algúns anos atrás: que o cinema coreano supón un amplo territorio de creatividade e mesmo un melindre para a gran pantalla que debería terse moi en conta, sobre todo tendo autores... Ler máis
SECRET REUNION, de Hun Jang
SUTILEZA MALENTENDIDA · Se ben as producións audiovisuais surcoreanas poñen en escena o tema das dúas Coreas con frecuencia, aínda pasa polo costado do eixo temático principal, coma se estivese por situarse no centro, dun momento a outro, pero non sucede. As excepcións serían películas como Lazos de guerra (2004) ou a serie Road Number One (2009) situadas na Guerra de Corea de 1950, cando o país divídese en dous. Aquí o contexto histórico engloba e determina,... Ler máis