Helena Girón: “Non queríamos facer un filme historicista, senón máis ben evocar a idea dun pasado”

Nas curtametraxes de Helena Girón e Samuel M. Delgado é fácil advertir, tanto na súa temática como na súa forma, os grandes piares sobre os que constrúen a súa primeira longametraxe, Eles transportan a morte (2021), que acaba de estrearse en salas. Un destes alicerces é a pulsión por internarse nos aspectos non oficiais da historia e descubrir relatos que foran esquecidos. Outra das principais liñas temáticas desta parella de cineastas, que ten moi claro o que quere... Ler máis

EMA, de Pablo Larraín

Un dos filmes que máis deu de falar no pasado 2019 foi a última obra de Noah Baumbach Marriage Story. Nel asistimos ao declive e deterioro dunha relación na que o fillo do matrimonio é empregado como unha peza de intercambio entre as discusións. Ema, en certa forma, trata o mesmo tema pero desde un prisma máis amplo, abarcando cuestións que exceden a parella que forman Ema (Mariana Di Girolamo) e Gastón (Gael García Bernal). A parella de bailarina e coreógrafo que forman... Ler máis

MULLERES NO CINEMA: DO DEREITO Á MEDIOCRIDADE Á EMANCIPACIÓN FEMININA

Só un 19% dos filmes producidos en España son dirixidos por mulleres. En todos eles, só o 36% teñen protagonistas femininas. Disto tamén falan Noelia Álvarez e Nazaré Estévez no seu ensaio ‘Análise da representación da muller no cinema español da última década‘, gañador do Premio ao mellor Ensaio Escrito Internacional dos I Premios María Luz Morales de investigación audiovisual. O documento arroxa luz sobre a necesidade dun discurso de xénero na análise... Ler máis

LADY BIRD, de Greta Gerwig

Para unha peli indie, verse catapultada á tempada de premios é unha arma de dobre gume. Dunha banda, entra noutra liga e consegue máis atención da que xamais obtería por méritos propios, garantindo mesmo unha carreira comercial internacional. Doutra banda, corre o risco de verse reducida a unha narrativa promocional, encorsetada no oco que ocupa entre as restante candidatas, valorada só como contendente e non como entidade. Especialmente perigosa é esta dinámica para... Ler máis