Soul, unha BSO con moita alma

Como explica Rolando Ceballos no seu proxecto Animapasión, “desde antes do cinema xa existían métodos para tratar de imitar o movemento nas imaxes estáticas. Desde os inicios da sociedade as persoas buscaron formas de presentar historias de xeitos visuais e diversos nun mesmo obxecto, desde pinturas en vasos gregos até a chegada dos tan famosos taumatropos, fenaquistoscopios e posteriormente os zoótropos”. A comezos do século XX, principalmente en Estados Unidos e... Ler máis

IN-EDIT 2014: ENTRE A FORMA E O CONTIDO

Nas cancións de Dexys a forma é tan impresionante, está tan cuberta de épica, de melodías e arranxos perfectos, que pode esconder o contido que hai no seu soul único. Kiko Amat explicou antes da proxección de Dexys: Nowhere is Home (Kieran Evans e Paul Kelly, 2014) que ao pasar desa superficie preciosa se chegaba a unha verdade profunda, a unha obra que fala de expiación, de confesar os demos máis íntimos. A obra de alguén valente por amosarse sen escudos e por sacrificarse... Ler máis