BARRY EGAN OR HOW I LEARNED TO STOP WORRYING AND LOVE ADAM SANDLER
Alén da risa, as comedias de Adam Sandler poden lerse a partir do seu contexto dentro da sociedade occidental contemporánea e, especialmente, desde as novas lecturas críticas arredor da masculinidade e a melancolía da comedia posterior ao 11 de setembro de 2001. Xa que moitos dos traballos de Sandler representan algúns dos éxitos (pero tamén fracasos) máis importantes das últimas décadas, a análise da súa comic persona permítenos cuestionarnos o estado da comedia... Ler máis
CANNES 2018 EP. 7: A VIOLENCIA DE SPIKE LEE, LARS VON TRIER E PANOS COSMATOS
Tinguíronse de sangue as pantallas de Cannes nas últimas horas. Onte puidemos ver Blackkklansman (2018), o último “joint” de Spike Lee, que se mantén fiel ás súas constantes temáticas e estéticas, elixindo adaptar o ensaio de Ron Stallworth sobre unha investigación que lle tocou levar en Colorado Springs (Colorado) en 1954. Sendo o primeiro policía negro da localidade, asignáronlle infiltrarse en grupos próximos ás Panteiras Negras e acabou por facelo no seo... Ler máis