O mellor de 2022

Un ano máis, dende A Cuarta Parede optamos por eludir as tradicionais listaxes e organizacións categóricas co máis destacado da tempada, que inevitablemente reducen a experiencia cultural a unha simple clasificación (cando non competición) de obras e autores. Por divertido e útil que poida resultar este exercicio, na revista decidimos consolidar o noso particular resumo anual, no que convidamos ás nosas colaboradoras a compartir todo aquilo que fixo destes doce meses algo... Ler máis

Curtocircuíto 2022: Radar

Subtotals, de Mohammadreza Farzad A sección Radar do festival Curtocircuíto recolle cada ano as propostas máis narrativas ou representacionais do certame, mentres que Explora se decanta pola experimentación formal e a abstracción. Non obstante, na meirande parte das manifestacións cinematográficas, estas curtas que imos analizar hoxe estarían colocadas na programación máis atípica. E é que a cita compostelá é xa un evento dedicado á vangarda, dun xeito case transartístico,... Ler máis