Flee, de Jonas Poher Rasmussen
IDENTIDADE REPRIMIDA En 2008 un israelita chamado Ari Folman dirixía un filme documental de animación que cambiaría a forma na que percibimos o xénero. Ese título, Vals con Bashir, partía dunha serie de entrevistas e usaba os debuxos para reproducir aquilo que non era representable. Os sionistas fixeran esforzos por agochalo. Falamos da primeira guerra do Líbano, a inicios dos oitenta, e falamos de refuxiados palestinos. Esa obra probou que a animación pode, en efecto,... Ler máis
ÁLVARO GAGO (II/II): “É MOI DIFÍCIL FACER ALGO NOVO; TODO O QUE FACEMOS É COPIAR”
(Vén de aquí) Falabamos dos momentos nos que os actores entran nesas zonas escuras da súa mente durante o proceso da interpretación. Como dirixías ti estes momentos? Francisca e máis eu tiñamos todo ensaiado e compartiamos unha linguaxe común. Se lle tiña que dicir algo, dicíallo baixiño. Cando algo non funcionaba con algún deses momentos-da-súa-vida aos que eu lle facía referencia, probabamos con outra cousa. Sempre, con poucas palabras e de forma moi directa.... Ler máis
ÁLVARO GAGO (I/II): “FACER CINE É POLÍTICA, É HUMANIDADE, É ESPERANZA”
Matria, filme de Álvaro Gago, vén de facer historia no cinema galego tras gañar o Grande Premio á mellor curtametraxe no prestixioso festival de cinema Sundance en Utah, Estados Unidos. Non é o primeiro galardón que recibe o seu último traballo, unha cinta que narra o transcurso dun día laboral de Francisca, traballadora dunha conserveira da zona de Cambados. Unha muller sobreexplotada no seu posto de traballo e no seu fogar, que representa a unha de tantas outras mulleres... Ler máis
COLUMBUS, de :kogonada
Durante os últimos anos, a través das diversas plataformas de vídeo online e medios especializados, vense producindo unha interesante renovación do “vídeo-ensaio” como ferramenta de crítica cinematográfica. Esta evolución é o resultado da proliferación de numerosas canles e artistas que ofrecen a súa particular versión deste formato, que acadou unha considerable audiencia. Kevin B. Lee, Jacob T. Swinney, Lessons from the Screenplay (especializado en análise de... Ler máis
FICX50: SUBMISIÓN E METACINEMA
Fronte á crónica diaria, máis atropelada, un conxunto de recensións de filmes, máis que unha reflexión sobre o fai a un festival -isto é, a súa programación e, con ela, a marca persoal que deixa no espectador-, hainos quen preferimos valorar en conxunto a capacidade dun certame para producir pensamento coa súa proposta. Neste sentido, hai dúas liñas que dotan de sentido a este FICXixón 2012 -entre máis que moitos outros cronistas poderán ter identificado-. Unha... Ler máis
MARTHA MARCY MAY MARLENE, de Sean Durkin
Alén dos estereotipos Sundance é un festival sospeitoso. O seu palmarés, inaugurado con Blood Simple (Joel Coen, 1984), distingue ultimamente títulos que camuflan a súa mediocridade a través dun interese por espazos e comunidades pouco representadas, como ocorre en Winter’s Bone (Debra Granik, 2010), Precious (Lee Daniels, 2009), Frozen River (Courtney Hunt, 2008) ou Quinceañera (Richard Glatzer e Wash Westmoreland, 2006). Ben é certo que non faltan grandes nomes para... Ler máis
THE FRENCH KISSERS, de Riad Sattouf
Unha vez máis, unha produción europea cunha loable folla de servizos chega cunha notable dilación ás nosas pantallas. Nin tan sequera o seu grande rendemento na billeteira gala, un César á mellor ópera prima ou a súa presenza na sección oficial de Xixón no 2009 foron o suficientemente consistentes para reducir este lapso de demora a un punto máis lóxico. Por outra banda, aínda que a súa natureza e o seu público obxectivo máis evidente pareza moi acorde coas tendencias... Ler máis
Crónica 25 de novembro
Dise do FIC Xixón que é o Sundance español, e seguramente os que o defenden levan razón. Habería que precisar que a programación do festival asturiano filtra as propostas máis evidentes e trilladas para escoller as interesantes. Terri, de Azabel Jacobs, é o típico filme de neno gordo con problemas de integración na escola. Engádaselle música indie e planos a ralentí, un pai con algunha deficiencia e unha denuncia evidente ao sistema, e xa é carne de Oscar. Pero,... Ler máis
ANOTHER EARTH, de Mike Cahill
O MEU EU EN FUNCIÓN DO OUTRO · O Eu, tema fundamental da reflexión humana que nos levou desde hai séculos a pensar e repensar unha e outra vez na nosa forma de estar no mundo, de constituírnos como suxeitos e de enfrontarnos a aquilo que é similar a nós, pero que non se corresponde ao noso eu: o outro. Este eu fronte ao outro é o tema central de Another Earth, un filme de ciencia ficción que basicamente establece unha premisa fantástica que lle serve como contexto... Ler máis
TEMPO DETIDO. ATALLOS PARA CHEGAR A KELLY REICHARDT
Cando coñecemos en 2006 a Kelly Reichardt non sabiamos que había ‘outra’ Kelly Reichardt. Old Joy, a pesar do seu título, tiña algo de novo, o nome da súa directora non nos dicía nada e moitos pensamos que se trataba dunha cineasta novel. Non estabamos totalmente equivocados. Pouco teñen que ver esas dúas cineastas que comparten nome, aínda que unha sexa consecuencia da outra: a Kelly Reichardt da súa opera prima, River of Grass (1995) parece unha cineasta... Ler máis