LAS PALMAS 2019: OUTRAS FORMAS DE NARRAR

A Portuguesa (Rita Azevedo Gomes, 2018) O Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria, na súa decimo novena edición, fíxose valedor daquelas películas e cineastas que sen deixar de narrar buscan novas formas de facelo. Películas conscientes de que todo filme é representación -e poden reflexionar sobre iso- pero que non deixan de crer no poder e na importancia das imaxes. Máis ou menos, neste equilibrio entre o cinema narrativo e o experimental estiveron... Ler máis

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2018: SECCIÓN OFICIAL

Acaba de finalizar a segunda edición do Festival Internacional de Cinema de Xixón con Alejandro Díaz Castaño e Tito Rodríguez á súa fronte, e queda patente o traballo pola consolidación deste novo proxecto que propón configurar un escenario que aúne cinema de autor e cinema de vangarda, con propostas máis populares (non por iso de menor calidade), de maneira que o festival ofreza opcións a diferentes públicos e sensibilidades. Dentro da idea desta heteroxénea mirada... Ler máis