SAN SEBASTIÁN 2018: APUNTES PARA UNHA CRÓNICA

Pretender efectuar con plena satisfacción unha visita rápida a un festival xigantesco como o de San Sebastián, incluso cando as xornadas alí son varias e as proxeccións acontecen por decenas, supón para calquera cinéfilo unha ardua tarefa. Abordar de forma parcial unha programación de seu impoñente ten como consecuencia o descarte inevitable de moitas das súas mellores propostas, aínda que tamén aporta unha maior finura na elección: o labor de peneirar a programación,... Ler máis

Las altas presiones, de Ángel Santos

Se hai un tema que atravesa toda a obra de Ángel Santos, ese é o sentimento amoroso. Dende A. (2002), boa parte das súas ficcións teñen interrogado os diferentes estadios do namoramento. Ben sexa a sensación de suspenso nunha relación esgotada (A.), do descubrimento do primeiro amor na adolescencia (Septiembre. Los amores jóvenes, 2003), da súa natureza obsesiva (Sara y Juan, 2009), a ruptura (Dos fragmentos/Eva, 2011) ou o cortexo (Las altas presiones, 2014). Nestas... Ler máis

NICOLAS WINDING REFN, RA E ESCORPIÓN

Nicolas Winding Refn púxose no mapa a nivel mundial coa súa penúltima película (Drive, 2011), pero antes de lograr certa relevancia mediática con aquel proxecto xa realizara oito longametraxes (unha delas para televisión) e varias incursións en publicidade e curtametraxes; o seu filme debut, Pusher, realizado cando contaba tan só con 24 anos, foi de feito unha adaptación en longa dun traballo case amateur que auto-financiou a modo de curta. Conviría con todo sinalar... Ler máis