NOVOS CINEMAS 03: SECCIÓN OFICIAL

Recolle Jonás Trueba unha frase de Mekas na que o director lituano recordaba que “o mal e a fealdade cóidanse sós; son o ben e a beleza os que precisan dos nosos coidados”. Sen dúbida esa debe ser a función dos festivais e a crítica de verdadeiro valor, protexer e servir de altofalante daquelas xemas que se escapan cada ano do noso limitado radar individual. Unha necesidade crucial en tempos de consumo rápido e múltiples propostas, que pon de manifesto o valor dos... Ler máis

FILMADRID 2018: MENTRES HAXA LUZ (I)

1. Prólogo Seguir de preto a curta historia dun festival, máis cando os seus primeiros pasos van paralelos no tempo ao crecemento dun mesmo como cinéfilo, permite sacar conclusións globais raramente factibles en calquera outra circunstancia. No caso de Filmadrid, se nos paramos a lembrar o espírito co que naceu nunha noite de xuño de 2015, a súa evolución ata o momento actual só pode adxectivarse cun inusual entusiasmo. Con idéntica mirada retrospectiva, podería afirmarse... Ler máis

SHORT STAY, de Ted Fendt

Entre os grandes acontecementos do 2016 para o cinema, o nacemento do festival Novos Cinemas ocupa unha parte importante. A cita, que celebrará a súa segunda edición no mes de xuño deste ano, convértese nun novo lugar onde poder gozar do mellor e máis independente cinema: sempre que sexa unha ópera prima. Co estímulo deste “requisito”, a cita conseguiu encher a cidade de Pontevedra de filmes da altura de Dead Slow Ahead (Mauro Herce, 2015) ou John From (João Nicolau,... Ler máis