O gran momento do audiovisual galego

XXII Premios Mestre Mateo © Academia Galega do Audiovisual Desde fai un tempo, pregúntanme de maneira recorrente sobre o gran momento que vive o audiovisual galego. Vaia por diante que pouco importa o que eu opine; en todo caso, sempre tropecei con dificultades para dar unha resposta breve e contundente. Non son amigo de triunfalismos, sobre todo se se trata dunha reacción ante os éxitos (cómpre aquí redefinir a idea de éxito) duns poucxs. Gústame poñer en valor e celebrar... Ler máis

Unha cinematografía seria (II)

JEDN en El cine amateur (1965) JEDN: o cómico do cinema galego (Vén de aquí) A mostra de humor máis potente, ideolóxica e transgresora, é parte da produción amadora, da man do catalán afincado en Galicia José Ernesto Díaz Noriega ou JEDN. Ademais de “cineísta”, que era o nome que se daban a si mesmos os amadores cataláns, JEDN convertiuse nun mestre de cinema para toda unha xeración de mozos que querían facer filmes, tal e como recorda Miguel Castelo. Castelo... Ler máis

Unha cinematografía seria (I)

Fotograma de Os Suevos (1974) de José Ernesto Díaz Noriega O profundo e variado legado humorístico da cultura galega, desde as súas expresións populares como o entroido, a retranca -etimoloxicamente porta cun peche dobre e, polo tanto, produto dunha actitude defensiva- ou o cancioneiro popular e a súa querencia polo escatolóxico e procaz, así como as cultas e literarias, farían pensar que a expresión audiovisual se contaxiaría desta vitalidade cómica. Porén, son escasas... Ler máis