ARRIVAL, de Denis Villeneuve

Despois de ducias de blockbusters protagonizados por policías, avogados ou médicos, profesións en teoría moito máis cinemáticas, chega a rara ocasión en que o colectivo que capitanea un dos filmes da tempada hollywoodiense é o de tradutores e filológos. Máis aló do moito que se viralizou no Galitwitter a secuencia da orixe do portugués, a priori calquera espectador con mínimas nocións de lingüística gozará cunha película cuxa premisa mestura a hipótese de Sapir-Whorf... Ler máis

CURTAS VILA DO CONDE 2014: REGATES

Debido á extensión da crónica, publicarase en dúas partes para facilitar a súa lectura. Esta primeira, sobre a ficción e o documental, e a segunda centrada en propostas máis experimentais. Non sabemos se por influencia do mundial de fútbol, o último Curtas Vila do Conde estivo dedicado ao deporte rei en Europa. O certame pareceuse este ano moito á competición estival. Xogando ao regate co espectador, había sesións que se resolvían nos penaltis, nun tira e afrouxa... Ler máis

SNOWPIERCER, de Bong Joon-ho

A LOCOMOTORA COREANA O planeta está morto por conxelación. A terra cuberta de neve perpetua e os mares xeados deixaron de ser aptos para a vida; as plantas morreron, os animais desapareceron e a humanidade extinguiuse. Agás por un puñado de sobreviventes que, enclaustrados nun tren de enerxía renovable en constante movemento, sobreviven varios anos coma os últimos especímenes da raza humana baixo un único mandato: a locomotora sempre debe avanzar. A partir deste vibrante... Ler máis