Festival de Cinema de Sitges 2024
Oddity, de Damian McCarthy Como todos os anos, o pasado mes de outubro celebrouse o encontro anual máis importante para os fans do cinema fantástico e de terror. Estamos a falar do Festival de Cine Fantástico de Sitges, un encontro ao que unha servidora leva asistindo durante varios anos seguidos con sumo rigor, coma se se tratase dun acto relixioso. Con todo, a experiencia de achegarse a un festival deste calibre como crítica de cine sendo unha absoluta fan do xénero significa... Ler máis
Galicia, paisaxe de sangue
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Jacinto, de Javi Camino Premio ao Mellor videoensaio sobre audiovisual galego: Galicia, paisaxe de sangue, de Juan Ares. Segundo o xurado, “unha obra de valor pola análise que presenta da paisaxe galega como espazo de desenvolvemento de historias no cinema de terror”. Os premios levan o nome de María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona, 1980), pioneira da crítica cinematográfica en España e figura... Ler máis
Berlinale 2023 (III): a historia dun naufraxio
Perpetrator, de Jennifer Reeder O segundo filme galego en se presentar nesta Berlinale foi Sica (Carla Subirana, 2023). Primeira longa de ficción para unha directora xa experimentada no documental, conta a historia da rapaza do título, unha adolescente que vaga polos acantilados da Costa da Morte obsesionada con atopar o corpo do seu pai, presuntamente afogado nun naufraxio. Como metáfora de que a negación é a primeira fase do loito, Subirana decide mostrarnos a Sica na escena... Ler máis
Locarno 2022: Un xénero en si mesmo
Piazza Grande de Locarno “Non creo necesariamente na división entre o cinema de xénero e o de autor”. Son palabras do director artístico do Festival de Locarno, Giona A. Nazzaro, en conversa con Geoffrey Macnab para o número de agosto de 2022 de Screen International. Excusiato non petita, que se adoita dicir por aquí. O pasado ano, na primeira edición que el capitaneaba, o comentario máis estendido foi que á beira do Lago Maggiore se instalara unha sorte de Sitges... Ler máis
ZOMBI CHILD, de Bertrand Bonello
Á SOMBRA DE TOURNEUR, UNHA NOVA REVOLUCIÓN A obra do francés Bertrand Bonello ten transitado decotío por distintas modulacións do cinema de xénero cunha vontade claramente política e un estilo inmersivo, lonxe porén do expresionismo barroco que abunda nos filmes de terror da actualidade. O último do galo, Zombi Child (2019), responde perfectamente a esta redución da súa traxectoria que vimos de debuxar nun par de liñas. Sen moito que ver con outros contemporáneos... Ler máis
THE LIGHTHOUSE, de Robert Eggers
Ao menos unha vez ao ano, a prensa faise eco dalgunha oferta de traballo que promete estar ao cargo dunha illa, nalgún paraíso da Terra. E, ao menos unha vez ao ano, todos temos esa conversa na que imaxinamos esa paradisíaca vida, lonxe do ruído das cidades e absortos na convivencia coa natureza. Cousas do capitalismo, supoño. The Lighthouse xoga a absolutamente o contrario. Quizais por iso, por non vendernos un paraíso na Terra, a súa estrea retrasouse máis de medio... Ler máis
GET OUT, de Jordan Peele
No último episodio do seu programa de sketches, os comediantes Keegan-Michael Key e Jordan Peele viaxan á imaxinaria Negrotown, “unha utopía para xente negra” na que non hai racismo sistémico nin explotación. Negrotown, explica un alucinado número musical technicolor, é un sitio no que se pode levar un suadoiro sen recibir balazos, os brancos non che tocan o pelo, non rouban a túa cultura nin te converten no seu amigo negro simbólico. E de aí, dous anos despois,... Ler máis
MONICA DEMES: “CREO QUE COMEZAN A DAR ESPAZO PARA QUE A MULLER XOGUE UN ROL DIFERENTE NO CINEMA”
Na pasada edición do 21 Festival de Cine Internacional de Ourense unha rara avis entrou dentro da Competición Iberoamericana. Tratábase de Lilith’s awakening (2016), filme de autor e de terror dirixido por unha muller, Monica Demes, que mesturaba reivindicacións feministas e cine de vampiros dando lugar a unha das obras máis interesantes do festival. Fotografia: Daniel Gallego Comentabas no pase posterior á túa película que estiveras en Galicia hai anos facendo turismo... Ler máis
CANNES 2016: GRIS PALMARÉS DUNHA ERA XURÁSICA
A última xornada do festival de Cannes estivo marcada pola recuperación dos filmes de sección oficial en varias salas do Palais, e dende logo, pola gala de clausura na que se deu a coñecer o palmarés. Antes de entrar nel, repetir iso de que a elección dos galardoados é sempre a decisión persoal dunhas poucas persoas, e non ter por que coincidir coas tendencias que se intúan nas críticas lidas e escoitadas estes días pasados da man dos profesionais que asistimos a este... Ler máis
JIFF 2014: LO QUE EL FERRY SE LLEVÓ
El pasado abril sucedió un desastre que dio forma concreta a un sentimiento que viene sobrevolando Corea del Sur hace ya algún tiempo. Nada podría haber sido peor. Fue el peor resultado en las peores de las situaciones. El 16 de abril el ferry Sewol, que se dirigía hacia la isla coreana de Jeju, perdió estabilidad y en el plazo de dos horas se hundió junto con más de 300 estudiantes de entre 10 y 18 años de edad. Esta tragedia, que no es accidente, sacó a flote muchas,... Ler máis