TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO, de Xiana do Teixeiro
Apáganse as luces da sala e na pantalla aparece a intermitente imaxe fragmentada dunha Nina Simone, vestida coas súas características cores e respostando con espontaneidade, sinceridade e poética a un entrevistador que lle pregunta “que significa ser libre”. A artista dalle un par de voltas á cuestión, mais conclúe dicindo, de xeito rotundo, que para ela ser libre é non ter medo. Así comeza Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro, 2018), un perfecto entrante... Ler máis
CLAUDE LANZMANN: VOLVER A ‘SHOAH’
Canto tempo se pode traballar nunha única idea, nun proxecto, nunha obra? Claude Lanzmann botou nada menos que once anos, dende 1974 até 1985, argallando Shoah (1985), o seu documentário de máis de nove horas sobre o exterminio do pobo xudeu durante a Segunda Guerra Mundial. Por que tanto tempo? Porque Lanzmann fixo deste proxecto o seu imperativo vital, o motivo arredor do que xira a súa vida dende aquela: primeiro pasou un par de anos lendo todo o que puido ler sobre o... Ler máis