A MELANCOLÍA DO SILENCIO E A IMPOSÍBEL RENUNCIA POSTMODERNA Á VOZ
Na ansia de ver nacer novas imaxes da vella factura fermosa do cinema silente, acudía impenitentemente ás salas. Agora a La Antena (Esteban Sapir, 2007), logo a The Artist (Michel Hazanavicius, 2011), aínda sen convencerme da imposibilidade, sentábame a ver Blancanieves (Pablo Berger, 2012), e mesmo despois Tabu (Miguel Gomes, 2012). E filme tras filme saía sen atopar nin a densidade nin a solidez rexa daqueloutras imaxes. E pensaba, como considerar que a (retro)técnica... Ler máis
O MELLOR DE 2011
A redacción d’A Cuarta Parede elixiu as mellores películas do ano cos votos de todos os colaboradores. Salvo que se indique o contrario, as listaxes conteñen dez filmes, aos que se lle atribuíu unha puntuación de 10 a 1, outorgando o valor máis alto á mellor valorada e así sucesivamente. Estes son os resultados: El árbol de la vida, de Terrence Malick: 53 puntos El Havre, de Aki Kaurismäki: 33 puntos EMPATE: Melancolía, de Lars Von Trier / Shame, de Steve McQueen:... Ler máis
THE ARTIST, de Michel Hazanavicius
Dicía un dos máis grandes xenios que deu a sétima arte, Alfred Hitchcock, que “os actores son gando”. Que con esa mentalidade e non outra conseguise sacar tanto partido a aqueles que se atreveron a traballar con el é un milagre, sendo quizais Cary Grant o seu falso culpable máis recoñecible, un gentleman que cando se puña diante da cámara do realizador mudaba radicalmente de pose para vivir a súa personaxe, dun xeito moito máis natural ó acostumado no resto da... Ler máis