DOCUMENTAMADRID 2018: ALEGRÍA NESTA LOITA

“Ser libre é non ter medo”. A cita pertence a Nina Simone e pode escoitarse no breve inserto que abre Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro), quizais a película máis pertinente de todas cantas tivemos ocasión de ver durante a decimo quinta edición de DocumentaMadrid. Pero tamén podería servir para ilustrar a filosofía adoptada por un festival que, tras librarse da lousa que lle supuxo no pasado certa vontade absurda de compracer a un sector mal entendido... Ler máis

LAS PALMAS 2018: ENTRE A MORAL E AS CRENZAS

A decimo oitava edición do Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria celebrou este ano dúas efemérides cruciais -salvando as distancias- para a historia da cultura mundial e do cinema en particular. Falamos do 50 aniversario do Maio do 68 e da estrea da obra mestra de Stanley Kubrick, 2001: Odisea en el espacio (1968). O festival canario conmemorou ambos feitos cunha programación revolucionaria e absolutamente heteroxénea, que acolle exemplos de ficción,... Ler máis