TOIVON TUOLLA PUOLEN, de Aki Kaurismäki
Ler esta crítica na súa versión orixinal en portugués É refrescante voltar de cando en vez ao cinema de Aki Kaurismäki. O seu mundo, atravesado por unha estética retro (mais sen o pastiche posmoderno ao que asociamos agora esa palabra), ancórase na vontade e na necesidade de dirixir o noso ollar naquilo que nos fai humanos. Ese lado humanista –que o cinema clásico converteu nunha postura política– fai do realizador finés unha caste de illa no medio da confusión... Ler máis
BERLINALE (1/2): COMUNIDADE E RESISTENCIA
Ao longo de dúas crónicas, daremos conta dalgunhas das liñas advertidas nesta Berlinale 2017. A nosa visita de apenas cinco días non nos permitiu acceder a moitas películas que nos tería gustado ver, mais si identificamos na nosa breve estancia unha clara coherencia temática e de estilo no festival, alén da calidade das cintas. É ademais o certame da capital alemá un que pode presumir de ser democrático. Olas de profesionais de todo o mundo e público local por igual... Ler máis