SEFF 2015: AS CATRO ONDAS QUE DEVIRON EN TSUNAMI
O festival de Sevilla caracterizouse nos últimos anos pola súa aposta por un cinema experimental de difícil acceso e necesaria reivindicación. Gunvor Nelson, Heinz Emigholz ou Peter Tscherkassky foron froito de varios dos ciclos das tres últimas edicións, así coma o pasado ano se dedicaba unha sesión ao cinema de vangarda austriaco. Non obstante, os programadores non tiveran a valentía ata o momento de incluír en seccións competitivas este tipo de pezas, privándonos... Ler máis
AS XERACIÓNS DA CINEFILIA
O noso gusto cinematográfico depende, en parte, das nosas condicións de visionado, é dicir, de como e onde puidésemos ver os nosos filmes preferidos. Pódenos gustar máis ou menos o cinema clásico, moderno ou postmoderno; estadounidense, europeo ou asiático; cinema de xénero ou cinema de autor; iso tanto ten, mais calquera destas preferencias está profundamente influenciada polos espazos e redes de exhibición: non é o mesmo ver cinco filmes seguidos nun festival de... Ler máis
HEISE, FRAGMENTOS DA RDA
Que debe facer un libro nado dunha retrospectiva nun festival? Deixar testemuño do que foi o ciclo ou complementalo cunha lectura das películas e realizar un convite a visionalas para aqueles que non puideran asistir ao evento? Semella máis construtivo e estimulante o segundo. Habitualmente, atopámonos máis ben co primeiro, unha amalgama de recensións apresuradas, sen moito pensamento e pouca claridade. Dende Punto de Vista quixeron facer as cousas ben, pero encargar 200... Ler máis