GIMCHEOUL, de Jorge Suárez-Quiñones Rivas
Aquí e alí. Todo está ocorrendo á vez para Gimcheoul. Gimcheoul é o título da terceira longametraxe do director Jorge Suárez-Quiñones Rivas (León, 1992). A obra audiovisual deste novo cineasta ten pasado por festivais internacionais de cinema como Filmadrid, Rotterdam, Alcine ou Curtocircuíto. A estrea mundial de Gimcheoul tivo lugar o pasado novembro na VII edición do Festival de Cine Márgenes, na sección Escáner, que ten como obxectivo examinar as diversas realidades... Ler máis
VIVE, MORRE, REPITE: DE COMO ‘EDGE OF TOMORROW’ EMPREGA O TEMPO DO VIDEOXOGO
Cando se estreou Edge of Tomorrow (Doug Liman, 2014) pasaron dúas cousas: primeiro, que nos pillou a todos (crítica, público e academia) desprevidos; segundo, que foi sinalado como o primeiro filme que adaptaba con éxito as formas do videoxogo. A revista Wired referiuse a este traballo como “o mellor videoxogo que non podes xogar” e en The Atlantic o catalogaron como “un videoxogo cun único save point”. Ninguén semellaba dubidalo: era o resultado dunha tormenta... Ler máis
UN LUSTRO DE CINEMA
Vaites, manda truco: preguntamos aos nosos colaboradores cal é o mellor filme do lustro e van e elixen Boyhood (Richard Linklater, 2014), un título deste ano, antes mesmo de que publiquemos a escolma do mellor do ano. Porén, Boyhood é un filme tanto de 2014 como de 2010, ou mesmo de 2005, posto que Richard Linklater botou doce anos filmando a vida de Mason / Ellar Coltrane. Dende esta perspectiva, Boyhood ben pode ser o mellor filme do lustro, do século, do milenio! Hipérboles... Ler máis
OS PASEOS ARQUITECTÓNICOS DE HEINZ EMIGHOLZ
O cinema é unha tecnoloxía de lugar, isto é, unha práctica estética e social capaz de producir espacialidade: dunha banda, pode representar unha paisaxe, unha rúa, un edificio ou mesmo un cuarto coa maior fidelidade posíbel; doutra banda, pode construír lugares complementarios ou alternativos aos reais, segmentándoos nas súas distintas pezas para despois recompoñelos na montaxe. Filmar un lugar significa así filmar tódolos elementos que o compoñen e tódalas relacións... Ler máis
EDEN, de Mia Hansen-Løve
DAFT PUNK E TÓDOLOS DEMAIS: UN PASEO POLO FRENCH TOUCH Mia Hansen-Løve (París, 1981) comezou como actriz e crítica de cinema, mais axiña descobriu que o que realmente desexaba era ser directora. Esa decisión levouna até onde está agora: con catro longametraxes realizadas podemos dicir que Hansen-Løve ten xa un estilo moi definido e moitas cousas que contar. A última edición do Festival de Donostia incluiu na súa sección oficial o seu último filme, Eden (2014),... Ler máis
A PAISAXE ETERNA, UNHA IDEOLOXÍA DE INMOBILIDADE
A paisaxe atópase na centralidade das representacións documentais do territorio galego. Preséntase tan eternamente fermosa como superficial na súa realidade social. No transcurso do século XX establécense uns canons de representación fílmica que afunden as súas raíces na pintura paisaxística, a fotografía turística e as películas de emigración, conformando unha serie de recorrencias de representación compositiva, temporal e simbólica de Galicia, que acaban por... Ler máis
BOYHOOD, de Richard Linklater
Entre o comercial e o autoral, o cineasta norteamericano Richard Linklater leva case tres décadas compartindo co espectador o seu concepto sobre a sétima arte. Se internacionalmente o seu recoñecemento chegaría en 1991 con Slacker (1991) –unha película experimental na que retrataba 24 horas na vida de varios personaxes da paisaxe urbanística de Austin–, para quen estas liñas escribe o seu primeiro encontro co director produciuse catro años máis tarde con Before Sunrise... Ler máis
A memoria dos lugares. Patrick Keiller e o documentário psicoxeográfico
A proxección da recente Robinson in Ruins no Festival Punto de Vista trouxo ás pantallas estatais unha pequena mostra dos documentários psicoxeográficos do británico Patrick Keiller: unha oportunidade para achegarse a un cinema capaz de retratar o tempo a través do espazo. ‘Robinson in Ruins’ sae á procura da identidade inglesa a través da paisaxe Hai lugares onde se pode percibir o paso do tempo só con mirar para eles, lugares onde a historia pode emerxer... Ler máis