IFFR 2019: O CINEMA COMO EXPERIENCIA EMOCIONAL

Sons of Denmark (Ulaa Salim) © IFFR “Celebremos o medio máis emocional que existe, as imaxes, os sons e as historias que apreciamos: o cinema. Cando nos sintamos confundidos, angustiados ou intimidados, tomemos un momento de silencio e volvamos a conectar coa nosa humanidade e as nosas emocións”. Estas foron as palabras de Bero Beyer, director do Festival Internacional de Cine de Róterdam, durante a gala de apertura da 48ª edición do encontro holandés, que se celebrou... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 3: OS NENOS NON SOMOS PARVOS… OS IAKUZA SI

Trinta minutos, ese é o tempo que me leva percorrer a distancia dende o meu piso ata o Pathé, o multicine onde se proxectan as películas para a prensa e os delegados de industria polas mañás. É unha media hora que atesouro e que me serve de preparación antes dos visionados. Sigo un ritual fixo, coma se fose o supersticioso pateador dun equipo de fútbol americano, e que consiste nun café na estación central e un croissant. Logo un cigarro e estou listo para o que me... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 2: FUCK FACEBOOK, FUCK AMERICA, THIS IS SERBIA!

O bo de comezar o día cun filme explícita é que coa perspectiva que dá a noite, logo de oito horas de visionados e unha cea nun chinés, es quen de afastar da túa mente a primeira impresión e ver as cousas con frialdade. E así, relaxándome da trasfega audiovisual cun té verde, aventúrome a escribir as miñas primeiras liñas sobre cinema dende Róterdam, e con amor. Clip podería definirse como a adolescencia vista a través do móbil dunha rapaza inqueda e con moita... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 1: DO “NUNCA DIGAS NUNCA” A “SEMPRE HAI UNHA PRIMEIRA VOLTA”

Gustaríame comezar esta crónica falando da miña viaxe, de aeroportos, de malos voos e outros sacrificios persoais polos que o crítico de cinema normalmente ten que pasar para chegar a puntos de encontro onde gozar (ou renegar) de novas e tentadoras propostas audiovisuais, pero non podo. Teño o luxo de vivir aquí. Esta é en efecto esa cidade cosmopolita e moderna da que todo o mundo fala, onde se fusionan unha gran variedade de culturas, de estilos e tendencias. Un modus... Ler máis