SAN SEBASTIÁN 2016 (III): RESUMO E CRÓNICA FINAL (2/2)

III. PERLAS Ao reunir cada ano unha colección de títulos que xa chegan de Cannes, Berlín ou Venecia coa vitola de seren as citas máis importantes do ano cinematográfico, a maioría con estrea nos meses sucesivos asegurado, a sección de Perlas tende a acaparar en tódalas edicións varias das películas máis destacadas de San Sebastián. Hai incluso casos –L’avenir ou Neruda na presente edición- nos que apenas uns poucos días median entre o pase donostiarra e... Ler máis

PLAY-DOC 2014: O ANO DA FICCIÓN DOCUMENTAL

Hai unhas semanas tiven o privilexio de asistir ao seminario ‘A Crítica Intermedia’ dentro das actividades do Festival Play-Doc de Tui. No marco deste curso, déronnos a posibilidade de escribir unha crítica ou unha crónica entroutras opcións para publicar n’A Cuarta Parede. Por que explico todo isto? Pois porque quería ofrecer a miña visión do festival, mais non sabía moi ben que elixir, xa que foron moitos os traballos audiovisuais que me gustaron.... Ler máis

INDIELISBOA 2012 E AS MARXES DO SEXO

Logo de case un decenio de andaina, o Festival Internacional de Cinema Independente de Lisboa é unha cita anual xa consolidada na súa condición de imprescindible punto de encontro ibérico coas manifestacións máis recentes do cinema de autor. Competición Internacional de longametraxes e curtas, Competición Nacional de ámbalas dúas, Observatorio, Cinema Emerxente (que incluía unha retrospectiva con foco sobre o novo cinema suízo), Pulsar do Mundo, Indiejúnior, IndieMusic,... Ler máis

CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL

O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis

Crónica 20 de novembro

Seis horas de autobús por carreteiras que semellan montañas rusas resultan demasiado para o meu estómago. Nin que Xixón fosen os Cárpatos. Eu, como bo cinéfilo, fun sempre máis de tren. Está a piques de comezar a sesión de Dark Horse, de Todd Solondz, no Teatro Jovellanos, e apuro os minutos para ver na pantalla dun bar como marcha o resultado das eleccións. Co 83% escrutado, o PP leva 187 escanos. Se Mariano quere, o ano que vén virei en AVE. Por que pagar voluntariamente... Ler máis