O LUGAR DA MÚSICA

A música evoca, emociona, distrae, anima e acompaña, mais hai unha cousa que a música non pode facer: a música non se pode ver, e iso, nunha sociedade tan atrapada como a nosa polo impulso voyeur, resulta profundamente desconcertante; tanto que moitas veces pechamos os ollos cando escoitamos música, cando bailamos, para non ver ren e sentir mellor unha canción, unha melodía, un ritmo. Hai veces, no entanto, que as imaxes axudan a potenciar as sensacións que transmite... Ler máis

RETRATOS DE JOY DIVISION

1979, Londres. O aínda xoven Anton Corbijn, apaixoado da música dende neno, trasládase á capital inglesa na busca da banda Joy Division. Alí comeza a traballar como fotógrafo para a revista NME. Unha vez entra en contacto co grupo post-punk, o holandés dará comezo a un corpus artístico que abarcará fotografía, videos musicais e cinema. Influenciado polo expresionismo alemán, o artista holandés é coñecido polas súas imaxes analóxicas en branco e negro que lle permiten... Ler máis