L’INCONNU DU LAC, de Alain Guiraudie
SEN MEDO Á ESCURIDADE Reflexións sobre unha das miñas películas favoritas de 2013 Alain non ten medo a rodar de noite. Alain non ten medo a rodar escenas de sexo explícito entre persoas do mesmo xénero. Alain non ten medo a mostrarse como Deus o trouxo ao mundo na súa película. Alain non ten medo a prescindir da música nun thriller. Alain non ten medo a nada. L’inconnu du lac / O descoñecido do lago tivo a súa premiere mundial na pasada edición do Festival de... Ler máis
O MELLOR DE 2013
A continuación lístanse os vinte títulos máis valorados da tempada cinematográfica 2013 polos colaboradores da revista. Máis abaixo pódense consultar as votacións individuais e os seus participantes. Cada listaxe, de dez títulos, outorga 10 puntos ao primeiro, 9 ao segundo, e así sucesivamente, a non ser que se especifique outra modalidade de puntuación. 1. La vie d’Adèle (Abdellatif Kechiche, 2013) 100 puntos / 13 votos 2. The Act of Killing (Joshua Oppenheimer,... Ler máis
UN 2013 FRAGMENTARIO E PERFORMÁTICO
Que é a narrativa cinematográfica? Podemos comprender os filmes sen a influencia doutras artes, como a fotografía, a pintura ou a literatura? Dando por sentado que é imposible abstraernos por completo destas herdanzas, son moitos os teóricos do cinema que, dende a semiótica ou outros campos, intentaron establecer unha gramática para o cinema. Pensemos en Dziga Vertov e o seu cine-ollo, na caméra-stylo de Alexandre Astruc, no aparato cinematográfico de Jean-Louis Comolli,... Ler máis
LE PASSÉ, de Asghar Farhadi
A REDENCIÓN SILENCIOSA “Por non morrer de angustia e de vergoña, os homes están eternamente condenados a esquece-las cousas desagradables das súas vidas, e canto máis desagradables son, antes as esquecen”. Así sentenciaba un inspector sen nome encarnado por Roman Polanski en Una pura formalità, de Giuseppe Tornatore (1994). O argumento, porén, non estaría completo sen engadir que o esquecemento, por moi pretendido, nunca chega a ser real, sendo unicamente posible... Ler máis