Longa noite, de Eloy Enciso Cachafeiro

En Arraianos (2012), a segunda longa de Eloy Enciso tralo documental Pic-nic (2008), o autor sorprendeu ao poñer en boca dos seus intérpretes non profesionais –habitantes da aldea fronteiriza de A Raia– o texto literal da obra de Jenaro Marinhas del Valle, O bosque. Dita operación, en boa parte herdeira do traballo fílmico sobre bases literarias de Jean-Marie Straub e Danièle Huillet, non só apuntaba cara a reivindicación dos usos e modos propios daquel lugar concreto,... Ler máis