MAGICAL GIRL, de Carlos Vermut

A BELEZA, A PERVERSIÓN E O SER HUMANO Cando comezou o pase de prensa no Teatro Principal de Donostia non sei cantos xornalistas agardaban a revelación que supuxo Magical Girl. Penso que poucos. Algúns iamos en plena resaca de Eden (Mia Hansen-Løve, 2014), e malia que Magical Girl prometía non decepcionar, semellaba difícil manter tan entretido ao público durante dúas horas. Logo esas dúas horas resultaron ser moi curtas, porque Magical Girl envolve, desata... Ler máis

TRAUMATISMO CINEMATOGRÁFICO

Todos estamos traumatizados, dun xeito ou doutro, con máis ou menos motivos. Todos sufrimos algunha desgraza, desgusto ou mala experiencia que nos deixou unha fonda pegada. No mellor dos casos, o trauma fica gardado no noso inconsciente como unha mala lembranza, como unha peza máis da nosa identidade; mais no peor, o trauma emerxe unha e outra vez, fóra de control e de contexto, até converternos nalguén que, como dicían na miña aldea, ‘está mal dos nervios’.... Ler máis

SITGES 2013 (4/4): POLÍTICA, POÉTICA, PROBANDO

Que o xénero é un bo caldo de comentario político non é nada novo. En Sitges sábeno, e todos os anos colan algunhas propostas que, máis aló da súa vontade de entreter, intentan cas súas imaxes e historias condenar situacións que definen a sociedade dos nosos tempos. O caso máis paradigmático e desenfadado desta edición foi The Green Inferno (Eli Roth, 2013), filme de sal groso sobre uns universitarios devorados por caníbales no Amazonas. O irónico radica en que... Ler máis