Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa
Existe unha certa tendencia no cinema español que está aceptando, con fermosa naturalidade, que a ficción máis tradicional é tamén un espazo cómodo para as autoras de cinema (enténdase autora no sentido máis estrito da política que os Cahiers inventaron no século pasado). Unha ficción que comprende que non son necesarias as grandilocuencias e que ás veces o risco consiste en calibrar as cantidades xustas e necesarias para combinar o independente e novidoso co mainstream... Ler máis
17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Seccións Oficiais
A Portrait on the Search for Happiness, de Benjamin Rost Volvemos un ano máis para dar conta da décimo sétima edición da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), organizada polo Museo do Pobo Galego. Unha nova selección de pezas que nos permitiron entrar en contacto con problemáticas que atravesan á sociedade actual en diferentes puntos do mundo, e que este ano encontrou o seu foco na cuestión do traballo, vencellada aos contextos políticos, sociais e económicos... Ler máis
ATRAVESADAS POLO CINEMA
Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A muller é un cristal atravesado por unha patria. (Lupe Gómez) Era o ano 1989 e disque nacía o cinema galego. Botando man do arquivo encontramos escenas deste parto en diferido: as Xornadas Cinegalicia 1989, celebradas no cine Fraga de Vigo. Nas imaxes, directores, produtores, actores e actrices enchen a sala. Urxa, Continental e Sempre Xonxa están a piques de colocar Galiza na constelación cinematográfica da época. Tres filmes como tres... Ler máis
VICTORIA, de Justine Triet
En Le bataille de Solférino (2013), ópera prima da francesa Justine Triet, o exercicio profesional dunha reporteira televisiva de clase media (Laetitia Dosch) solapábase coa necesidade de atender ás súas dúas fillas e confrontar ao seu antigo marido. Baixo un esquema de comedia caótica, chamada tamén a testemuñar o ambiente nas rúas parisinas durante a segunda volta das eleccións presidenciais de 2012, nas que François Hollande resultou vencedor, Triet conseguía poñer... Ler máis