Indielisboa 2020 (2/2): Notas dun festival relaxado
Comentabamos xa na nosa anterior crónica do Indielisboa que foi un verdadeiro pracer poder acudir a un festival no que o cinema acontecera na gran pantalla. Por moi práctico que sexa ver filmes dende a comodidade do noso sofá; camiñar pola cidade, atoparte con vellos colegas e coñecer outros novos, estar na intimidade dunha sala ben acompañado, mais ao tempo, ti só co filme que se proxecta ante ti, iso non ten prezo. A relación que se establece co cinema non é a mesma... Ler máis
Camborda x Enciso (I)
Como reflectindo a realidade cinematográfica deste ano, Novos Cinemas abre e pecha a súa IV edición coas proxeccións de Arima e Longa Noite, dúas longametraxes galegas que se unen ao ano que, con permiso de 2010, será o ano do cinema galego. Aproveitando esta coincidencia na cita pontevedresa, Jaione Camborda e Eloy Enciso volven ao estudo de Sar onde as dúas películas empezáronse a xestar para conversar sobre o proceso de creación. Eloy Enciso: Faime moita ilusión... Ler máis
EXILE, de Robert Todd
Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Un retrato: espazos cotiáns, velados a través de distancias de diferentes tipos, vivindo dentro das limitacións das nosas posturas fixas. (Robert Todd) Os cineastas dos que tivemos a oportunidade de gozar neste festival, o (S8) Mostra de Cinema Periférico, teñen precisamente en común o uso dos espazos e obxectos cotiás como elementos cos que configurar o contido das imaxes... Ler máis
SEFF 2013 (2/2): LAS NUEVAS OLAS, A RENOVACIÓN MINIMAL DE ESPAÑA E FRANCIA
Non imos entrar en se os xurados deste SEFF 2013 elixiron o mellor filme de cada sección. Do que si estamos certos é de que escolleron títulos moi representativos. Se L’inconnu du lac (Alain Guiraudie, 2013) era un exemplo perfecto desa narrativa atmosférica da que xa demos conta, os galardóns a La jungla interior (Juan Barrero, 2013) e Costa da Morte (Lois Patiño, 2013) como mellores ficción e documental respectivamente, da sección Las Nuevas Olas, volven dar na... Ler máis
“É ALUCINANTE COMO PODEN ANESTESIARSE AS LEMBRANZAS”
Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas forman parte, dende hai anos, do Cineclube de Compostela, unha iniciativa cultural de referencia en Santiago, que ofrece periodicamente unha boa ración de filmes nunha modesta sala. En 2012, ambos os dous estrearon Fóra, un filme documental que reflicte a historia do Hospital Psiquiátrico de Conxo, a partir de tres momentos emblemáticos: a súa fundación, en 1885, o conflito sindical desenvolvido nos anos da II República e, especialmente,... Ler máis
A LIBERDADE DE CHAMAR ÁS COUSAS POLO SEU NOME
Do mesmo xeito que Umberto Eco ofrecía en 1977 unha didáctica e esclarecedora disertación de Como se fai unha tese1, o investigador Manuel Trenzado Romero ofrece unha modélica disertación de como abranguer unha colosal investigación socio-cinematográfica na súa obra Cultura de masas y cambio político: El cine español de la transición, publicada polo CIS en 1999. Este exhaustivo estudo é unha referencia bibliográfica magnífica para indagar naquel transcendental intervalo... Ler máis
‘CONTRACAMPO’: REVISTA DE COMBATE
A morte o pasado 20 de febreiro de Francisco Llinás, crítico cinematográfico, activista cultural e fundador da revista Contracampo, publicación cinematográfica prolongada durante 42 entregas entre abril de 1979 e outono de 1987, trae ao recordo a significación dunha aposta editorial hoxe aínda diluída ou pouco coñecida, en ocasións mal dixerida polas sucesivas operacións de desmemoria levadas a cabo sobre o frutífero marco da etapa da transición política española... Ler máis