A CUESTIÓN DA IDENTIDADE NO NOVO CINEMA GALEGO

O cinema galego é un concepto fuxidío, escorregadizo, múltiple e ambiguo. Sempre hai debates para definilo, e mesmo pelexas: dunha banda, hai quen considera que os únicos filmes que poden considerase galegos son aqueles filmados en Galiza e en galego, por cineastas do país, e financiados con capital autóctono; mentres que doutra banda hai quen chama galego a calquera filme rodado por un cineasta local dentro ou fóra de Galiza, ou por cineastas de calquera procedencia que... Ler máis

MICHEL GAZTAMBIDE: “O XÉNERO É UNHA LUPA PARA LER A LETRA PEQUENA DA VIDA”

O pasado outubro, Michel Gaztambide impartiu con enorme éxito de asistencia unha clase maxistral de guión de cinema negro, organizada pola Asociación Galega de Guionistas (AGAG), na Fundación Novacaixagalicia de Santiago de Compostela. Con máis de vinte anos no oficio, un dos seus primeiros traballos foi con Julio Medem en Vacas, e dende entón participou en multitude de películas, sendo as máis famosas as que asinou xunto a Enrique Urbizu: La caja 507, La vida mancha... Ler máis

CARLOS, de Olivier Assayas

XEOPOLÍTICA DO TERRORISMO E DA IMAXE TRANSNACIONAL ·  O ‘trans’ está de moda: transnacional, transxenérico, transmodernidade. Algo ‘trans’ é algo que vai ‘alén de’, un termo que inclúe e supera os conceptos sobre os que se apoia. Por iso, o ‘transnacional’ vai alén dunha única nacionalidade, e o ‘transmoderno’ é aquilo que procede da modernidade mais que tamén inclúe a postmodernidade. Vivimos nun tempo ‘trans’. Queremos daquela un cinema... Ler máis