ADRIÁN CANOURA: “FACER UN FILME É COMO PESCAR CALAMARES: NUNCA SABES QUE VAS PESCAR, SE VAS PESCAR, NIN CANTO TEMPO VAS A BOTAR PESCANDO”
Adrián Canoura (1991, Burela) é unha das voces emerxentes do cinema experimental galego actual. Por iso, non sorprende que os seus filmes formen parte da escolma de traballos que o (S8) Mostra de Cinema Periférico programou coa ocasión das ‘Sinais en curto’. Aproveitando o seu paso polo certame coruñés, conversamos sobre o seu cinema, unha obra moi unida a Galicia traballada desde unha certeira intuición. O teu cinema traballa moito sobre a cultura galega, pero tamén... Ler máis
EDUARDO CASANOVA E O SEU MUNDO “DE COR DE ROSA”
Cando se fala de cinema fálase de crear, de idear, de construír. De lograr a verosimilitude pero tamén de xerar outros mundos, de conformar atmosferas perfectas para a narración fílmica e ante os ollos do espectador. E cando se fala de dirección de arte, en moitos casos xoga un papel crucial a innovación, a extravagancia e o exceso, para dotar a unha película de todos eses elementos que a fagan inesquecible. Todo isto aparece na obra audiovisual de Eduardo Casanova (Madrid,... Ler máis
LÁSZLÓ NEMES: “O CINEMA DEBERÍA CUESTIONAR A PROPIA LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA”
László Nemes © Laokoon Filmgroup – Ildi Hermann Tralo éxito da súa rompedora ópera prima, O fillo de Saúl (2015), que se fixo co Gran Premio do Xurado no festival de Cannes e o premio Óscar á mellor película de fala non inglesa, o realizador húngaro László Nemes presentou durante o pasado festival de Venecia a súa segunda longametraxe: Atardecer (2018), outra cativadora obra mestra. Mentres que a alfombra vermella do Lido fervía co bulicio e a expectación,... Ler máis
CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (2/2)
O artigo vén de aquí. Gran nivel da animación Nun festival onde a animación tivo un alto nivel, había un par que facían de ponte entre o cine do real e o debuxado. Marfa (Myles McLeod, Greg McLeod, 2018) era o mellor exemplo disto. Concibido coma un grupo de estampas desta localidade texana, os autores logran con apenas uns simples trazos sobre fondo en branco compor un retrato lixeiro e fragmentado, mais moi complexo, dos tipos que habitan esta vila gandeira. O formato... Ler máis
Número 36
Na última tempada de Twin Peaks (David Lynch e Mark Frost, 2017 – ) as liñas entre o pasado e o futuro torcéronse abrindo novos camiños que, de seguro, marcarán o cinema que está por vir. O pasado dicta o futuro, efectivamente; mais tamén o presente ten algo que dicir ao respecto. A Cuarta Parede non é allea aos cambios que conleva o paso do tempo, polo que decidimos modificar a nosa estrutura para garantir a vitalidade deste proxecto que comezou alá polo 2011. A... Ler máis
TWIN PEAKS: LYNCH FRONTE A LYNCH
Vaia por diante a advertencia de que este videoensaio contén spoilers e secuencias da terceira tempada de Twin Peaks (David Lynch e Mark Frost, 2017 – ). Este traballo nace case de casualidade, repensando as imaxes e as secuencias dunha serie que quedou marcada no maxín daqueles que a vivimos cunha intensidade antes non vista. Lynch fronte a Lynch. Porque desde o inicio deste ‘Return’, esas imaxes verticais filmadas sobre a mesma paisaxe que a icónica secuencia de... Ler máis
ALÉN DA BLACK LODGE. UN DEBATE SOBRE TWIN PEAKS
Pasamos a primavera e o verán pendentes da televisión, das descargas, das tablets, sempre cos auriculares postos, subindo o volume ao máximo, como Gordon Cole nos ensinou. Vímolo todo, mais apenas percibimos unha parte. Tentamos entrar na Black Lodge sen que ningún psicopompo nos quixese levar dentro. MIKE, en soños, berrábanos “iiiiiiii-lek-trííí-si-ti”, e nós espertábamos crendo que sabiamos, para un segundo despois esquecer todo. Tiñamos que falar. Tiñamos... Ler máis