VINCENT MACAIGNE: “CANDO ACTÚO O MEU RITMO CARDÍACO ESTÁ EN CONEXIÓN CO DA PELÍCULA”

En 2013 Cannes acolleu a todo un novo conxunto de cineastas franceses que parecían falar con códigos moi persoais e un certo ton de sátira social do contexto histórico no que lles tocou vivir á súa xeración, a dos trinta e pico. Estas películas eran La bataille de Solférino (Justine Triet, 2013), La fille du 14 juillet (Antonin Peretjatko, 2013) e máis tarde ese ano, en Locarno, Tonnerre (Guillaume Brac, 2013). As tres, ademais de ser íntimos retratos xeracionais con... Ler máis

SEFF 2015: AS CATRO ONDAS QUE DEVIRON EN TSUNAMI

O festival de Sevilla caracterizouse nos últimos anos pola súa aposta por un cinema experimental de difícil acceso e necesaria reivindicación. Gunvor Nelson, Heinz Emigholz ou Peter Tscherkassky foron froito de varios dos ciclos das tres últimas edicións, así coma o pasado ano se dedicaba unha sesión ao cinema de vangarda austriaco. Non obstante, os programadores non tiveran a valentía ata o momento de incluír en seccións competitivas este tipo de pezas, privándonos... Ler máis

INDIELISBOA 2015 (II/III): ALMAS ERRANTES, EN ESTADO DE SUSPENSIÓN

Este artigo é a continuación dunha primeira crónica que se pode consultar aquí. ‘El complejo de dinero’ comunica ben o fastío dunha burguesía perdida. Na procura dunha identidade fracturada Igual de pijos e perdidiños andan os personaxes de El complejo de dinero (2015), que Juan Rodrigáñez presentou na pasada Berlinale. Baseada na novela anarquista Der Geldkomplex de Franziska zu Reventlow, coloca a un grupo de burgueses nunha finca dun lugar indeterminado... Ler máis