ANA ESTÉVEZ: “A ANTROPOLOXÍA SOCIAL E CULTURAL É NECESARIA NA FORMACIÓN DE TODAS NÓS POLA SÚA UTILIDADE PARA ANALIZAR E DAR SOLUCIÓNS”

Ana Estévez [na palestra] durante a clausura da 13ª edición do MICE. Fotografía: Denís Estévez A 13ª edición da MICE (Mostra Internacional de Cine Etnográfico) do Museo do Pobo Galego trouxo case unha treintena de pezas, das cales doce conformarían a Sección Oficial, cun recorrido importante por festivais de prestixio como a Berlinale, Visions du Réel ou o ForumDoc Brasil. Neste contexto decidimos entrevistar á persoa que está detrás de todo isto cunha equipa de... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA

Doc Lisboa. Un festival que conta con seis salas nas que se están a pasar filmes de maneira simultanea, e ás que aínda se lle suman actividades paralelas e outro par de espazos con proxeccións máis esporádicas. Un festival no que chegar dunha sala a outra leva unha media de 20 a 45 minutos, aínda utilizando o metro. En resumo, un verdadeiro mastodonte cinematográfico. Loxicamente, imposible ver todo, tópico que se di en case todos os certames, pero aquí non esaxeramos.... Ler máis

UN MAPA PARA OS ESTUDOS DE CINEMA

Onde estudar cinema? A oferta actual atópase tan dispersa que calquera adolescente que queira afondar na súa paixón vai ficar atrapado nesa pregunta cando teña que elixir destino. O principal problema que terá que afrontar de partida é a escisión entre os estudos teóricos, que ensinan a analizar e pensar os filmes, fronte á formación práctica, que ensina a facelos. Estas dúas opcións deberían ser complementarias, mais no panorama educativo do estado español resultan... Ler máis

ENTREVISTA A MIGUEL ÁNGEL HUERTA

Este texto forma parte da serie de entrevistas realizadas a docentes que iremos incluíndo ao longo deste mes no noso especial sobre cinema e educación. En consecuencia, os asuntos abordados son esencialmente os mesmos con tódolos participantes, co fin de ofrecer diversas perspectivas sobre unha mesma cuestión. “A UNIVERSIDADE DEBE SER O FARO E NON A FACTORÍA” John Ford é a Miguel Ángel Huerta o que Wilder a Trueba. O fervor deste estremeño polo mestre que... Ler máis

ENTREVISTA A JOSEP MARIA CATALÀ DOMÈNECH

Este texto forma parte da serie de entrevistas realizadas a docentes que iremos incluíndo ao longo deste mes no noso especial sobre cinema e educación. En consecuencia, os asuntos abordados son esencialmente os mesmos con tódolos participantes, co fin de ofrecer diversas perspectivas sobre unha mesma cuestión. «DEBEMOS RECUPERAR A IDEA DE ARTESÁN: AGARIMO, HABILIDADE E COÑECEMENTO». Unha clase de Josep María Català ten bastante de carreira de galgos, na que o alumno... Ler máis