First Cow, de Kelly Reichardt
© Allyson Riggs / A24 Films Un can cheira algo estraño na terra dun bosque de Oregón. A súa dona escarva coas mans e descobre dous esqueletos durmindo xuntos o soño eterno. Así comeza First Cow (2020), o último filme da directora estadounidense Kelly Reichardt. Trátase dunha adaptación da novela The Half-Life, de Jonathan Raymond, que xa traballara previamente de guionista xunto coa propia Reichardt nalgúns dos seus filmes máis destacados, como Old Joy (2006), Wendy... Ler máis