DECLARACIÓN DE GUERRA, de Valérie Donzelli
O escritor venezolano Carlos Yusti escribe sobre a definición de “o cursi” o seguinte: “Poderíase denominar que o cursi é unha esaxeración estoxadiza polo artificio, é unha inclinación en superlativo polo mal gusto. Posúe unha lóxica entre o solemne e o caricaturesco. O ridículo non é o paraíso, senón a súa morriña con ‘soponcio’ e ‘telele’ incluído. É a Miss Venezuela electa, quen sobreactuando a súa sorpresa por ser a gañadora... Ler máis
CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL
O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis
Crónica 20 de novembro
Seis horas de autobús por carreteiras que semellan montañas rusas resultan demasiado para o meu estómago. Nin que Xixón fosen os Cárpatos. Eu, como bo cinéfilo, fun sempre máis de tren. Está a piques de comezar a sesión de Dark Horse, de Todd Solondz, no Teatro Jovellanos, e apuro os minutos para ver na pantalla dun bar como marcha o resultado das eleccións. Co 83% escrutado, o PP leva 187 escanos. Se Mariano quere, o ano que vén virei en AVE. Por que pagar voluntariamente... Ler máis