Curtocircuíto 2022: Explora
Camera Test, de Siegfried A. Fruhauf Os festivais de cinema que máis me interesan sempre foron eses capaces de realizar apostas propias e gañarse unha identidade singular, ao tempo que en cada edición se preguntan sobre o seu modelo e van incorporando novas indagacións. Cando un proxecto xa está asentado, xorde unha pregunta lóxica e de difícil resposta: que facer con eses cineastas polos que se apostou dende o inicio e que de forma continuada presentan filmes ao certame?... Ler máis
Curtocircuíto 2022: Radar
Subtotals, de Mohammadreza Farzad A sección Radar do festival Curtocircuíto recolle cada ano as propostas máis narrativas ou representacionais do certame, mentres que Explora se decanta pola experimentación formal e a abstracción. Non obstante, na meirande parte das manifestacións cinematográficas, estas curtas que imos analizar hoxe estarían colocadas na programación máis atípica. E é que a cita compostelá é xa un evento dedicado á vangarda, dun xeito case transartístico,... Ler máis
Curtocircuíto 2021: Explora, formas de experimentación
Curtocircuíto deixa reservada a súa sección Explora para as propostas máis experimentais. Este ano levou o premio principal Surviving You, Always (2021), do artista visual multidisciplinar Morgan Quaintance. Trátase dunha colección de fotos fixas, un pouco ao estilo de La Jetée (Chris Marker, 1962), que presenta a historia dun amor adolescente sumido nun mar de drogas psicodélicas, nun suburbio do sur de Londres. Sobre as imaxes, imprímese unha narración escrita de... Ler máis
Curtocircuíto 2021: Radar, o cinema máis narrativo, que non convencional
Un ano máis, o festival Curtocircuíto reuniu unha boa escolma do cinema mundial máis á vangarda na súa competición internacional. Radar é a sección para aquelas propostas, como ben se encargaba en anunciar o programador Brais Romero ao inicio de cada pase, que entran máis no “cinema narrativo, que non convencional”. Unha boa forma de definir, por exemplo, os dous filmes gañadores. Al motociclista no le cabe la felicidad en el traje (Gabriel Herrera, 2021) é unha... Ler máis
Bette Gordon: O hábito de (des)agochar
“A exploración da sexualidade foi un factor crucial na creación da súa conciencia feminina. Pareceulle que non se pode atopar o poder ata que se teña recoñecido a falta (de poder)”. Empty Suitcases (1980) Bette Gordon, a quen pertencen as palabras que abren este artigo e que condensan unha das ideas máis poderosas da súa obra, é unha das cineastas homenaxeadas este ano no Play-Doc cun ciclo que nos permite trazar a viaxe da autora dende os seus inicios no cinema estrutural... Ler máis
CURTOCIRCUÍTO 2019: EXPLORA, PERSOAL ABSTRACCIÓN
Se tivésemos que sintetizar a diferencia entre as seccións Radar e Explora do festival Curtocircuíto, seguramente o xeito máis sinxelo de facelo sería falar de figurativo e abstracto. Sen entrar en grandes detalles, dende logo este ano non nos equivocaríamos. E, con todo, sendo as formas dalgunhas películas tan dispares, queda un coa sensación de que o fondo comparte moitas similitudes. Xa dixemos que en Radar existía na selección deste ano unha vontade de resistencia... Ler máis
SINAIS EN CURTO 2018. EN TORNO Á MATERIA
Fotografía: María Meseguer Como cada ano, o (S8) Mostra de Cinema Periférico dedica unha sesión ao cine experimental e de vangarda que se produce en Galicia. Obras de cineastas que non poden faltar en calquera historia do cine galego xustapóñense a outras de autoras novas, demostrando tanto a riqueza interxeracional que existe como, precisamente, a posibilidade desa substitución. Os programas de carácter nacional difícilmente están atravesados por algún concepto que... Ler máis
SHOOT SHOOT SHOOT SHOW SHOW SHOW
Unha das liñas de programación máis consolidadas do festival de Sevilla, fóra das súas competicións, son os focos a cine de vangarda que levan organizando no último lustro. Ciclos a artistas como Gunvor Nelson ou Peter Tscherkassky altérnanse con outros dedicados a grupos ou épocas, coma o caso deste 2017, no que o SEFF organizou ‘Shoot Shoot Shoot. A primeira década da London Film-Makers’ Co-operative 1966-1976′. O título sae do volume editado por... Ler máis
STEPHEN BROOMER: O FILLO ARTÍSTICO DE JACK CHAMBERS E MICHAEL SNOW
Stephen Broomer é un dos cineastas experimentais canadianos máis prolíficos do seu tempo. Cunha breve á par que extensa filmografía, logrou converterse en pouco máis dun lustro nunha referencia que segue a estela de grandes nomes como Michael Snow ou John Haslewood, aos que ten estudiado mediante a súa tese e en restauracións. Grande retratista abstracto e poético do seu Toronto natal, a súa metodoloxía próxima ao action painting valeulle un lugar de honra no ciclo... Ler máis
TRANSEÚNTES, de Luis Aller
A aparición na carteleira dunha película que leva 20 anos na súa elaboración sempre é unha boa noticia, máis aínda se provén dun director e unha equipa que demostran unha filiación cinéfila que traspasa a contorna da sala para chegar ás aulas, os seminarios e outros ámbitos de formación. Cómpre recordar aquí que o valente proxecto levado a cabo pola produtora El dedo en el Ojo nútrese principalmente de profesionais que traballan na escola de cine Bande à part,... Ler máis