O mellor de 2023

Manténdonos fieis á senda inaugurada hai tres anos, dende A Cuarta Parede volvemos propoñer o noso particular balance deste ano que remata. Intentando fuxir das clasificacións e listaxes tradicionais que buscan condensar e xerarquizar a experiencia cultural, na revista queremos abrazar a singularidade da mesma. Desta forma, convidamos aos nosos colaboradores a contribuír a un resumo libre e ecléctico do ano, alleo a restricións temporais, de formato e de xénero, no que... Ler máis

Cannes 2023 (III): a ficción invade a realidade

Cerrar los ojos, de Víctor Erice Mediados dos anos corenta, unha mansión no medio dun bosque, Triste-le-Roi, nas aforas de París. Un home corpulento, un tal Franch, cunha gabardina que lle dá aires de detective (José Coronado), é recibido por un servinte chinés e conducido a falar cun vello e moribundo sefardí, o sr. Lévy (Josep Maria Pou). Este encárgalle ao primeiro, anarquista que axudou a moitos xudeus a cruzar os Pireneos tras a guerra civil española, que lle traia... Ler máis

CARLA SIMÓN: “A MIÑA NECESIDADE DE FACER CINE XURDIU DAS HISTORIAS TAN INTENSAS DA MIÑA FAMILIA”

Estiu 1993, ópera prima da catalá Carla Simón, estreouse a pasada Berlinale sen moito ruído, na sección Generation, destinada ás películas con temática infantil ou xuvenil, e en principio dirixidas a ese público. Revelouse para todos os que puidemos asistir ao primeiro pase, como outras en seccións paralelas, dunha relevancia que a destinaba ao xuízo destes primeiros espectadores a un espazo de máis visibilidade. Ao final a xogada saíulle ben á equipa. O filme sae... Ler máis

GUIMARÃES 2012: UNHA AVENTURA AMBICIOSA

Ler a versão original deste texto em português 2012 —para moitos un novo ‘ano cero do cinema portugués’— ficou marcado sobre todo pola suspensión dos apoios públicos do ICA —o Instituto de Cinema e Audiovisual á produción, distribución e exhibición ao cinema portugués. Neste contexto, o programa de produción da Guimarães 2012 Capital Europea da Cultura tivo unha importancia crucial para compensar o período de austeridade e de recortes que se abateu... Ler máis

CINEMA PORTUGUÉS, O PODER DO IMAXINARIO

O cinema portugués volve estar de xira neste outono polo estado español, percorrendo festivais e filmotecas xa que non atopa acomodo nas salas comerciais: hai unhas semanas, un mesmo ciclo con diferentes programas comezou a súa andaina no Festival de Cinema Europeo de Sevilla para instalarse despois nas pantallas do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), do Instituto Valenciano do Audiovisual e da Cinematografía (IVAC) e da Filmoteca de Cantabria. Moitos dos seus títulos... Ler máis

FREE RADICALS: RESEÑA CORRESPONDENCIA(S)

Queridos Víctor e Eloy: Primeiro de todo, presento as miñas escusas. Envío con moita demora –encargada hai meses- esta recensión da edición en DVD das Correspondencia(s). Como xa sabedes, foi editada no ultimo outono por Intermedio, o selo videográfico barcelonés de culto, unha empresa cultural de (merecido) prestixio, consecuencia da laboriosidade na selección do seu catálogo, na confección da edición mesma, do mimo e coidado establecidos en todo o proceso. E un... Ler máis

Crónica 21 de novembro

Rápido. Rápido. Máis rápido. Son as palabras que se len na parede dunha piscina municipal, colocadas sobre as rúas, nunha das escenas centrais de Iceberg, do español Gabriel Velázquez, coa que vou espertando nesta miña segunda mañá no FIC Xixón. Son verbas que poderían aplicarse á secuencia inicial: a sombra dun coche que acelera por unha estrada ata saír de plano e estamparse contra algo para caer nun río. Despois, unha elipse, e vemos un rapaz solitario, xogando... Ler máis

COMBATES MARXINAIS E COMBATES MARXINADOS (Parte I)

AS TRINCHEIRAS DO CINEMA MILITANTE ESPAÑOL DOS ANOS SETENTA · O presente artigo é a primeira entrega dun dossier na que exporemos unha panorámica do cinema militante español da década de 1970. Neste primeiro texto, contextualizaremos a aparición deste cinema combativo e clandestino a finais da década de 1960, paralelamente ao xurdimento dunha práctica cinematográfica marxinal antifranquista. Esta heteroxénea fronte antirréxime englobaba un variado mosaico fílmico,... Ler máis

“A CRÍTICA LOGRA QUE OS FILMES DEIXEN PEGADA”

Alain Bergala, mítico redactor xefe de Cahiers du Cinéma, cineasta e autor de numerosos libros, entre os que destaca Nadie como Godard (ed. Paidós), estivo no CGAI para falar do director de Film Socialisme, e nomeadamente deste filme; amais de presentar a súa última película, Víctor Erice: Paris-Madrid, allers-retours. A cinta, que forma parte da serie Cineastas do noso tempo, parte da exposición Erice-Kiarostami, correspondencias, comisariada polo propio Bergala para... Ler máis