QUIÉN LO IMPIDE, de Jonás Trueba

Desde o comezo da súa carreira como director e guionista, Jonás Trueba dialogou de forma decidida co universo adolescente. Do texto da iniciática Más pena que Gloria (Víctor García León, 2001), centrada na primeira decepción amorosa dun mozo de 16 anos; á recente La reconquista (2016), a súa película máis notable ata a data, que trasladaba a historia de amor na trintena da súa primeira metade cara a unha significativa orixe de instituto, o director madrileño mostrou... Ler máis

SELFIE, de Víctor García León

As consecuencias do estourido da burbulla económica instauraron no cinema español recente unha tendencia a explorar, con frecuencia a través dos códigos da comedia, ese choque do benestar artificial do pasado inmediato e a precariedade do presente. Desde un producto industrial tan errado coma Tenemos que hablar (David Serrano, 2016) ata o caos terminal da incomprendida Murieron por encima de sus posibilidades (Isaki Lacuesta, 2014), o sentimento de desposesión inoculado... Ler máis