ENSAYO FINAL PARA UTOPÍA de Andrés Duque
POR MÁIS QUE PASE O TEMPO, A ALMA NON CAMBIA A vida dos mortos está na memoria dos vivos. Cicerón . Ultimamente, cada vez que vexo unha película de Andrés Duque invádeme a tentación de carga-lo meu zurrón cun bloc de notas, un caderno de debuxo e calquera tipo de cámara, e, emulando ao avó de Jonasson, saltar pola fiestra e liscar. “Pais, non me agardedes espertos, vou onde me leve o vento”, escúsome mentres saqueo a neveira. Voar, voar, voar! O cinema de Andrés... Ler máis
PLAY-DOC 2012
CONSOLIDACIÓN DUNHA FORMA A pesares das súas indiscutíbeis virtudes, e da extraordinaria sensación que deixa o ambiente de celebración que se vive sempre en terras tudenses por estas datas, as anteriores edicións do Play-Doc sempre me acababan deixando unha certa insatisfacción. Algo que tiña que ver cunha programación que tendía a dar unha de cal e outra de area, e a quedar un chanzo por debaixo do que prometían os seus momentos máis inspirados. Por fin, este ano... Ler máis